lunes, marzo 12, 2007

XALLAS 1 - S.D. SOFAN 1

Mal partido do Sofan onte en Fontenla, onde sacou un inmerecido empate que lle permite manterse na septima plaza da clasificacion.

ALINEACIONS:

XALLAS - Gomez, Martin, Ivan (José m. 52), Tejero (Ezequiel m. 73), Arufe, Ricardo, Couso (David Pose m. 52), Victor Pazos, Ovidio, Mara e José Angel.

S.D. SOFAN - Dani, Mutio (Gende m.76), José (Pancho m. 87), Gustavo, Varela, Pombo (Cancela m.52), Carro, Juanjo, Cristian, Bertin (Pizo m.62) e Eloy

ARBITRO: Diego Castelo Perez, que amonestou a Ivan, Couso e Victor pazos por parte do Xallas, e a Varela, Juanjo e Cristian por parte da SD

GOLES: 1-0 m.41, gran centro de Jose Angel que Ovidio remata de maneira impecable de cabeza. 1-1 m. 79 Cristian de penalty por manos de Tejero
Dia de moito calor en Santa Comba, factor que se notou no rendimento da SD, pois xogouse a un ritmo moi baixo no primeiro tempo, tentando tocar o balon con fluidez pero sen conseguilo en ningun momento. O Xallas xogabase moito no envite e saiu con mais agresividade que os visitantes. Os tres homes do medio campo combinaban ben , e Jose Angel pola banda esquerda levou moito perigo. Ata o gol solo uns disparos dende fora da area e as xogadas a balon parado crearon perigo ós visitantes, que non lograron achegarse á meta de Gomez nin unha sola vez. O resultado de 1-0 ó descanso era xusto.

No segundo tempo o Sofan arriesgou un pouco mais, pero sen practicar bo futbol en ningun momento. Froito do adelantamento de liñas Bertin tivo unha clara ocasion pero o seu disparo foi repelido polo longueiro. Eloy puxo a proba unha vez mais a Gomez, pero era o Xallas o que parecia que ia sentenciar o partido, pois seguiu creando perigo polas bandas neste segundo tempo e Dani tivo que intervir en un par de xogadas. Co claro penalty de Tejero e a posterior transformacion de Cristian o Xallas volcouse en busca do gol da victoria pero ó empate era inamobible. Resultado que ós locais lle vale de pouco pero para os visitantes o punto é de ouro visto o visto na tarde de onte.