lunes, enero 08, 2007

S.D. SOFAN 4 LIRA 2


ALINEACIONS:


SD SOFAN - Dani, Mutio, José, Gende, Varela, Pizo, Pabeto (You m. 87), Juanjo, Cristian, Eloy e Bertín(Pancho m.75)


LIRA - Pensado, Toni (Samuel m.60), Suso, Herminio, Marco Antonio, Javi, Pulpo (Humberto m.45), Gelo (Ancho m.45), Alonso, Miguel e Fran.


GOLES - 1-0 m. 21 Cristian 2-0 m. 35 Bertín 2-1 m. 53 Alonso 3-1 m. 65 Pizo 3-2 m. 69 Miguel 4-2 m. 80 Eloy


ARBITRO: Borja Sanchez Garcia, correcto. Amonestou a Dani, Mutio, José e Pizo por parte local, e a Suso, Humberto e Ancho polo Lira



Gran partido na tarde de onte no Carral, sobre todo do equipo local, que realizou un futbol vistoso e acabou coa sua racha de malos resultados a costa de un Lira que parecia que non se xogaba nada no encontro. Moita xente no graderío en tarde fria. O terreo de xogo estaba algo blando pero apto para a practica do futbol. O equipo visitante vestiu a segunda equipacion do Sofan por coincidencia nos colores das primeiras equipacions de ambos equipos.

Sorprendeu de inicio a non presencia de Ancho no once visitante, que chegou ó campo no descanso. Eso foi un alivio para o Sofan, que non viu inquietada a sua meta en todo o primeiro tempo. O mediocampo local levou o peso do partido en todo momento. Tanto Pizo como Juanjo estiveron ben no corte e acertados na entrega. A dupla Pabeto-Cristian sembrou o panico na zaga visitante, con combinacions de merito. Pero o home clave nesta parte do encontro foi Bertin, que vai pillando a forma pouco a pouco e antoxase como un home importante para o futuro. Primeiro forzou o penal que fallou Eloy pero transformou no rechace Cristian, facendo o 1-0, e despois marcou un soberbio gol tras unha xogada de libro entre Pabeto e Cristian. Os locais estaban moi comodos no campo, e o Lira solo inquietou nun tiro de Miguel que Dani tocou coa punta dos dedos e o balon acabou batendo no longueiro.


No segundo tempo cambiou o panorama, principalmente pola entrada de Ancho, que infundiu respeto á zaga local nas primeiras xogadas. O efecto que ten este xogador tanto en rivais como en compañeiros é grande: o Lira parecia mellor equipo, e co partido perdido lanzouse ó ataque. Acortaron pronto diferencias nunha indecision da zaga local. Pouco despois marcou Pizo o que parecia o gol da sentencia, pero un corner directo lanzado por Miguel poñia o 3-2. En plena voraxine atacante o Sofan marrou un par de ocasions, o Lira lanzou unha falta ó pao e o arbitro sinalou un penal na area local. Parecia un novo desenlace da comedia-traxedia que persegue á SD esta tempada, pero apareceu a figura de Dani, o parapenaltis da categoria, que nunha intervencion antoloxica detivo o maximo castigo, (e van 4 penales parados no que vai de liga).

Pouco despois Eloy, que estivo buscando o gol con insistencia toda a tarde, colou un tremendo trallazo pola escadra, e aqui se acabou a resistencia do Lira.


Victoria xusta da SD, pero quizais mais sufrida do esperado. Destacar a volta ós terreos de xogo do capitan Juanjo, que disputou un gran partido. A sua presencia da un plus de agresividade ó equipo que se antoxa moi necesario para os importantes compromisos que veñen, o primeiro o domingo en Buño.