lunes, enero 15, 2007

BUÑO 0 S.D. SOFAN 3


ALINEACIONS:

BUÑO - Añon, Ramiro (Richard m.45), Diego, Caamaño, David, Carlos, Neucha, Ruben, Victor, Mario, Emilio

SD SOFAN - Dani, José, Gende, Varela, Gustavo, Pizo, Bertin (Pancho m.77), Pablo Vazquez, Cristian (Pabeto m.70)(You m.82), Eloy (Cancela m.67) e Juanjo

GOLES: 0-1 m. 32 Pizo de corner directo 0-2 m. 45 Bertin de pty. 0-3 m 64 Bertin o rematar unha falta sacada por Pizo (foto)

ARBITRO: Sergio Rodriguez Tajes, que amonestou a Caamaño, David, Añon, Carlos, Neucha, Ruben, e Mario polo Buño, e a Pablo Vazquez, Juanjo e Cancela polo Sofan.

Devolveulle a S.D. a moneda ó Buño, que ganara claramente no Carral na primeira volta, pero que onte sufriu un duro correctivo de man dos rojillos. Tarde agradable para a practica do futbol e moita espectacion no graderio para ver este derbi.

Saliu o Buño mais metido no partido, con un Sofan moi reservon, encerrado atras e incapaz de sair á contra con claridade. Victor tivo unha boa ocasion nun remate de cabeza que saiu cerca da escadra, pero foi a SD quen se adiantou no marcador, nun corner sacado por Pizo que se colou incomprensiblemente de forma directa. Co marcador a favor o Sofan situouse ben no terreo de xogo e non pasou apenas apuros, excepto nun trallazo de Diego que repeliu o largueiro. Na outra area Bertin e Eloy creaban constante perigo, e Cristian facia un traballo encomiable pelexando él solo coa dura defensa blaquiazul. Bertin foi obxeto dun clarisimo penalti que o arbitro pasou por alto, pero pitou outro a Cristian ó borde do descanso. O propio Bertin anotou o 2-0 co que se chegou ó intermedio.

O Buño saiu apretando no segundo tempo, con Victor na banda dereita e Richard no centro do ataque. A SD sufriu no primeiro cuarto de hora pero co terceiro gol o partido acabouse. Victor e Gustavo protagonizaron un gran duelo do que saiu vencedor o noso lateral, e José anulou a Neucha. O Sofan mostrouse seguro en defensa e perigoso nas contras, que tiveron que ser frenadas con continuas faltas pola zaga local. Ante o bo facer nas labores defensivas dos visitantes o Buño limitabase a disparar de larga distancia, pero nunca dou sensacion de perigo para a meta de Dani.

Parece que pilla a onda boa o Sofan, que con duas victorias escapa un pouco dos postos perigosos da clasificacion. Ainda así non conven confiarse pois este ano o descenso está moi caro , e os equipos de abaixo estan apretando mais que nunca.