domingo, enero 21, 2007

S.D. SOFAN 0 S.D. PONTECESO 0




ALINEACIONS:

SD SOFAN - Dani, Mutio, José, Gende, Gustavo, Pizo, Bertin, Juanjo, Cristian, Eloy e Marcos Cancela(Pombo m. 63).

SD PONTECESO - Pombo, Isaac, Ivan, Mato, Felipe, Santi, David (Diego Eiroa m. 57), Toñito, Nando (Tucho m.89), Miguel Torrado, Pablo Rama (Miguel m. 66).

ARBITRO: Carlos Freire Lorenzo, que amonestou a José por parte local, e a Pombo, Isaac, e Felipe por parte visitante.

Dia de moito frio no carral, que se trasladou ó campo, onde os dous contendentes libraron un partido moi disputado pero huerfano de ocasions claras de gol. O Ponteceso comenzou apretando os primeiros minutos, pero arriba non contaban con excesiva polvora, pois Torrado xogou de libero e Tucho quentou banquiño. Co paso dos minutos a SD foi entrando no encontro, pero os homes de arriba recibiron poucos balons claros, e as unicas xogadas con aparente perigo eran a balon parado, como unha falta que sacou ben Pizo, ou outra de Mutio. Case chegando ó descanso Cancela, moi peleon toda a tarde , driblou a Pombo pero Miguel Torrado sacou o balon baixo paos.

O segundo tempo foi mais do mesmo, cun terreo de xogo moi brando que non facilitaba o futbol combinativ0. O Ponteceso tivo un par de contras, pero a saida de Pombo doulle un novo aire ó Sofan, que mostrou moita seguridade atras, onde todos os homes estiveron moi ben. Pombo creou un par de situacions de perigo que se perderon no limbo, e duas faltas lanzadas por Eloy e Pizo non acabaron nas mallas de milagro.

Reparto de puntos xusto no Carral, que deixou contentos a ambos contendentes, sobre todo ós visitantes.