lunes, enero 29, 2007

CAMARIÑAS C.F. 1 S.D. SOFAN 1

ALINEACIONS:

CAMARIÑAS CF - Marcos, Carlos, Pablo, Yago Carril, Tono, Moriño, Ismael, Dario, Pedro, Sergio (Oscar m.58) e Brais Triñanes
S.D. SOFAN - Costa, José (Mutio m. 45), Gustavo, Gende, Varela (Marcos Cancela m. 79), Pizo, Juanjo, Pablo Vazquez, Cristian, Bertin (Pombo m.45) e Eloy.
ARBITRO: Diego Castelo Perez, que amonestou a Tono e a Moriño polo Camariñas e a Pizo por parte da SD
GOLES: 1-0 m.1 Pablo remata de volea impecable un rexeite da defensa do Sofan á saida dun corner. 1-1 m.67 Pombo cabecea á rede un corner sacado por Eloy.
Partido de poder a poder o disputado na tarde de onte no Hermanas Patiño de Camariñas, con dous equipos sobre o campo que se xogaban moito no envite.
O gol na primeira xogada do partido do Camariñas condicionou moito o choque, pois o conxunto local replegou liñas de maneira descarada e foi a SD a que tivo que levar o peso do partido. No primeiro tempo os visitantes non tiveron claridade de ideas para chegar á area do Camariñas, e foi o equipo local o que creou ocasions de gol á contra. Brais na banda dereita estivo moi incisivo e realizou un par de xogadas de merito que lle crearon problemas a Costa. A balon parado a defensa da SD non estivo moi fina e o Camariñas rematou varias veces con perigo, sobre todo unha que Gustavo sacou baixo paos.
No segundo tempo cambiou radicalmente o panorama, pois a SD pasou a xogar con tres defensas, tivo a posesion do balon en todo momento e asediou a area do Camariñas, que se defendeu como gato panza arriba. Foi Pombo o que marcou, pero puido ser antes Varela nun remate de cabeza á cruceta, ou Juanjo nun par de internadas pola sua banda. Co empate o Camariñas intentou arrimarse mais á porteria de Costa, e Tono rematou alto un novo saque de esquina, que parecia a xogada propicia para crear perigo no partido de onte. Cristian tivo un par de tiros chegando ó final do partido, e Pedro tivo outra clara ocasion que desbaratou Gustavo de milagro.
Xusto reparto de puntos entre dous equipos bastante necesitados deles, que onte xogaron un partido bastante entretenido e disputado.