Despediron os nenos dos equipos base da Sd Sofán a tempada este sábado cunha gran festa na que non faltou de nada. Os pais dos rapaces organizaron de maneira admirable un día no campo do Carral para non olvidar. Acompañou o tempo soleado e unhas 200 persoas se pasaron polo coliseo sofanista para disfrutar dun fin de festa apoteosico.
Os clasicos partidos de nenos contra nais abriron a xornada matutina. Os nenos puxeron todo o seu empeño, pero o respeto que lle teñen os seus pais fixo que o partido estivese moi igualado, e decidiuse nunha apretada tanda de penaltis. Era a hora da comida. A cantina, con varias nais traballando a reo, botaba fume. Churrasco variado, empanadas e demais delicatessens circularon polas mesas. Pola tarde chegaron as atraccións, uns inchables para que os pequenos disfrutaran do dia, ata un toro mecanico fixo acto de presencia. O momento mais emotivo da xornada foi a entrega de premios, dos posters desta tempada a cada neno, e uns regalos que os propios rapaces lles quixeron facer os seus adestradores. A mais de un escapouselle unha lagrimiña.
Cérrase así unha preciosa tempada para a Sd, que pouco a pouco ve como a sua familia vai crecendo.