Pablo Mallón ven de asinar un ano mais coa Sd Sofán. O mister carballés, despois da decepción que supuxo a eliminación en cuartos de final da Copa da Costa, non dubidou en aceptar a oferta da directiva da Sd para continuar dirixindo a nave vermella.
Cérrase o seu primeiro ano ó frente dos sofanistas coa sensación de que se fixo un gran traballo. O equipo pelexou polo título ligueiro case tres cuartas partes do campionato, quedando descolgado no treito final, e rematando no 5º posto. No torneo de Copa a participación foi moi destacada, eliminando ó San Lorenzo, Esteirana e Carnota, e caendo do potente Dumbria a so 5 minutos do final.
O mister resumenos nunhas liñas a súa impresión sobre a tempada que acaba de finalizar.
Que regusto che deixou a eliminación da copa?
A
eliminacion co Dumbria deixounos a todos un regusto bastante amargo. O equipo
demostrou nos dous partidos todos os valores que se xe poden pedir a un club
modesto como o noso, entrega, entusiamo e esforzo e se a eso lle sumamos que en
gran parte da eliminatoria levamos o peso do partido e o control do xogo, creo
que o fútbol foi un pouco inxusto ca SD. Penso que merecemos pasar a
eliminatoria, quedaban cinco minutos e estabamos en semifinales, pero moitas
veces pasan estas cousas e agora o que temos que facer e recompoñernos, salir a
temporada que ven ca cabeza moi alta e intentar plasmar esas mesmas
sensacións no campeonato de liga.
Creo que a eliminatoria foi moi competida e disputada, pero a nivel
persoal tamén disfrutei moito ca comunión perfecta que houbo
entre xogadores, directiva e afeción. Todos remamos na mesma
dirección, e tras disfrutar de un día con comida da plantilla,
despois sacar a foto oficial con tódolos chavales da canteira, a SD tomou
o Conco e o equipo parecía que xogaba na casa, polo apoio tan grande que tuvo
desde a grada. Esta afición merecese unha alegria, e estou seguro que tarde ou
temprano o equipo vailla dar.
Como valoras o teu primeiro ano na Sd a nivel deportivo?
2.- Creo que en global a temporada foi boa. Empezamos de maneria
inmellorable pero logo fomos bastante irregulares. Foron errores nosos os
que nos levaron a non poder pelear polo campeonato, e sabemos que podiamos dar
máis. Non nos axudou nada o "desterro" obligado das Eiroas, pero
aínda así houbo fases da temporada na que non estuvemos concentrados e metidos
nos partidos de cheo, co que se foron puntos ante rivales en teoría inferiores.
Eso témolo que mellorar de cara ó ano seguinte. Cada partido é importante e non
se poden deixar pasar tantas ocasións para sumar.
Na Copa creo que cumplimos con creces e o equipo merecía meterse en
semifinales e facer historia. Non puido ser, agora toca aprender dos errores e
pelear por correxilos.
Que che sorprendeu mais de traballar na Sd?
3.- O máis importante é traballar cun grupo de xente á que lle entusiasma o
fútbol e que vive a SD como parte da súa vida. Éste é un clube de fútbol
si, pero sobre todo é un grupo de amigos, unha familia que traballa da man para
conseguir un obxectivo que estou seguro que vai chegar. O trato en todo momento
foi increíble e os dous días sinteste como na tua propia casa. Eso veno os
xogadores e esa ilusión que lle transmite a directiva, plásmase
despois no terreo de xogo e nos adestramentos, donde cada un dos membros
da plantilla, intenta sempre dalo todo polo equipo.
Que esperas do equipo para o ano que ven?
4.- O ano que ven intentaremos dar un paso máis adiante. Vamos a ter un
equipo moi competitivo e vamos a pelear por ganar o campeonato. O fútbol
nunca sabes por onde che vai levar, pero calidade, seriedade e traballo imos a
poñerlle todos para que a SD teña por fin o reconocimento que merece. Os
erros deste ano, erros propios, fixeron que na parte final da temporada non
puderamos competir polo ascenso. Sabemos que erros son, sabemos o que hai que
correxir, sabemos no que hai que incidir para mellorar. Esto sumado os
posibles nomes que se incorporen ó equipo, vainos facer ser un equipo
forte e un candidato a todo.
Espero nesta nova temporada, primeiro que a SD siga sendo a mesma familia que
é, que fagamos un grupo, en tódolos estamentos do clube, unido e
forte, segundo, que xogadores se divirtan pero que deixen a pel
no campo, e terceiro que nos acompañe a fortuna que nos esquivou esta
temporada. Espero que esta sea, dunha vez por todas, a temporada da SD.