lunes, junio 10, 2013

DUMBRIA C.F. 3 - S.D. SOFAN 2

Foi cruel o fútbol na tarde de onte coa Sd. Nunha tarde perfecta para a épica costeira, cun campo do Conco cheo, duas afección que vibraron cun gran espectáculo, a Sd mereceu levarse a eliminatoria, tivoo na súa man, pero sucumbriu ó poderío aereo do cadro local, que anotou 3 tantos a balón parado, á falta de fútbol co que superar o da Sd.

Foi cruel o fútbol con Suso Docampo, goleador histórico do Sofán e autor do segundo gol da Sd , que dou o pase ó equipo de Mallon durante 20 minutos. Foi cruel con Gustavo e Juanjo, parella de centrais que fixeron un enorme partido, e que tras 15 anos no clube estaban a saborear un momento de gloria tras tantos sinsabores. Foi cruel para todo o equipo, que demostrou orgullo, calidade e deixaron o pavillón ben alto. Pero así son as cousas.

DUMBRIA C.F. - David, Carreira - Adrian Alcaina 70´-, Isma - Rudi 30´-, Jose, Aaron Fdez., Aaron Lopez, Iago, Israel - Dani Casal 46´-, Dosil, Marcote e Leo - Luisito 46´-

S.D. SOFAN - Dani, Lista - Cantudo 86´-, Marcos - Jacobo 86´-, Juanjo, Gustavo, Boedo, Suso - Pikas 71´-, Ivan Rey, Abel - Santi 76´-, Michel e Ivan Rojo

ARBITRO: Lens Ares, que amonestou a Carreira, Casal, Jose´, Lista, Marcos, Boedo, Abel e Michel

GOLES:
1-0 29´ Falta botada hacia a area visitante que desvia Marcote á rede.
1-1 44´ Ivan Rojo transforma un penalti sinalado por mans de José
2-1 68´ Aaron Fdez. a saida dun corner.
2-2 71´ Rojo rouba na medular e asiste a Suso, que encara a David e bateo con frialdade.
3-2 86´ Novo balón parado de Aaron Lopez enviá ó fondo das mallas.

Iniciouse o encontro e a tensión flotaba no ambiente. O Dumbria mostrouse mais metido no partido, e Leo, moi motivado no inicio, lanzou unha espectacular chilena ó longueiro. Chegou o primeiro tanto do Dumbria, e a Sd despertou. De mans de Eloy e Michel, o equipo comenzou a carburar e a chegar con perigo á meta local. A lesión de Isma deixou algo frios os locais.



Un lonxano disparo de Abel foi o preludio do penalti que transformou Rojo e que igualaba a eliminatoria. Tras un primeiro tempo moi tenso, os xogadores foronse ó vestiario coa sensación de que a Sd se podia levar a eliminatoria.

O segundo tempo foi do mellorciño que se viu nos ultimos anos na Sd. En canto a emoción, entrega de todos os homes, e calidade tratando de ti a ti a todo un preferente. Rojo, unha vez mais enorme, avisou cun gran disparo que rozou a escadra. O Dumbria decidiuse a xogar futbol directo, con Aaron Lopez case de dianteiro centro, e cada balón á area era unha agonía. Abel e Iago Dosil ensaiaron o disparo sin fortuna antes da voraxine que levou ó 2-1 e ó posterior empate a douses. O encontro estaba desatado. A afección sofanista, numerosa e apoiando ó seu equipo con paixon, viase en semifinales. Pero o agonico ataque final do Dumbria acabou no gol do 3 a 2. Como se dunha pelicula de terror se tratase, ainda tivo Jacobo no ultimo minuto a oportunidade da gloria, nunha falta que saiu lamento o pao. Non puido ser.

Estos partidos fan grandes os equipo, e ainda na derrota cabe felicitar os nosos xogadores. Outro ano se´ra.