lunes, junio 18, 2012

VICENTE GARCIA DEIXA A S.D. SOFAN

O mister Vicente Garcia deixa a S.d. Tras unha tempada marcada polas dificultades o adestrador non continuará no equipo no exercicio 2012/2013.

A directiva da Sd quere agradecer de forma afectuosa o traballo desenrolado por Vicente, home noble e dedicado ó clube en corpo e alma. Os problemas en forma de lesións e os imponderables do deporte rey aliaronse en contra do mister, que non tivo verdadeira sorte en momentos claves da tempada, como pode ser a eliminatoria contra o Dumbria, finalista da Copa da Costa, na que a Sd dou unha gran imaxe e un alto nivel pero foi eliminada.

Desexamoslle a máxima sorte ó mister. Sabe que no campo do Carral ten a sua casa.