sábado, junio 30, 2012

David Martinez, BUGY, é a primeira fichaxe da Sd

David Martinez Loureiro, nacido o 21/05/93. Eso é o que pon o dni do novo gardameta da Sd Sofan. Futbolísticamente conocido como Bugy, foi presentado onte no campo do Carral o prometedor canteiran do Bergantiños. O rapaz mostrabase encantado de pasar a formar parte do equipo da terra do seu pai, e é moi optimista de cara á tempada que entra en poucos días. Sangue xoven para a meta sofanista.

Bugy leva toda a sua vida futbolística nas categorías inferiores do Bergantiños. Curiosamente comenzou a xogar de dianteiro, pero no equipo cadete un entrenador iluminado viulle cualidades e situouno baixo os paos. A súa progresion dende entonces foi moi rápida e ascendente. Campion da liga da Costa cadete e xuvenil, e semifinalista de copa xuvenil, naquela polemica eliminatoria contra o Muros na que os muradans pasaron á final tras unha alineacion indebida carballesa, ten tamen no seu palmarés un ascenso a division de honor cadete. O ano pasado formou parte do equipo do Bergantiños que disputou a liga nacional de xuvenis.

Si por algo destaca Bugy e polo seu xogo cos pes, claramente fruto do seu pasado como dianteiro. Axil no man a man, e cunha planta fantastica para dominar o xogo aereo, en Sofan esperase moito do gardameta, do que creemos que vai ter unha progresion boa como siga na liña de traballo que ven tendo, que a bo seguro o levará a dar moitas tardes de gloria ó equipo do Carral.

Benvido.