miércoles, junio 27, 2012

A S.d. ten novo técnico: Pablo Mallon

Ven de contratar a Sd ó técnico que dirixirá a nave sofanista no curso 2012/2013. Tratase do carballés Pablo Mallón, que recentemente ascendeu ó Cabana a 2ª Autónómica.

Pablo, de 35 anos, é un dos técnicos con maior proxección da zona. A pesar da súa corta idade xa ten amplia experiencia nos banquillos dos arredores. Licenciado en INEF, e posuidor da titulación nivel 2 de adestrador, suma xa dous ascensos de 3ª autonómica, categoría que domina á perfeccion, así como un título de 3ª division como segundo adestrador do Cerceda no ano 2003. Chegou o momento de que se consagre na 2ª. A súa traxectoria é a seguinte.

Temp. 00-01 / 01-02 / 02-03  Cerceda- Preparador físico e 2º Adestrador 3ª División
Temp. 03-04   Adestrador Cerceda Infantil
Temp. 04-05   Adestrador Encrobas 3ª Rexional
Temp. 05-06   Adestrador Bergantiños juvenil/ Preparador Físico e 2º Adestrador Bergantiños 3ª División
Temp. 06-07   Adestrador Coristanco 3ª Rexional
Temp. 07-08   Adestrador Paiosaco 1ª Rexional
Temp. 08-09 / 09-10 / 10-11/  Buño  3ª e 2ª Rexional
Temp. 11-12 Cabana 3ª Rexional


O novo mister respondenos a unhas preguntas uns dias despois de formalizar a sua relacion co clube.



       Que che levou a aceptar a oferta da sd sofan?

No mundo da Costa todo o mundo fala da seriedade dun club como o Sofán, e eso añadido a que a maioría da plantilla xa a conocía, e creo que hai materia prima para facer un traballo bo, foi o que me convenciu para enrolarme neste proxecto.

       Que esperas da tempada que entra?

Primeiro intentar facer un grupo forte, unido e comprometido, e despois, a nivel deportivo, que o equipo mellore día a día, que cada partido sexa unha final e que a final de temporada podramos mirar a tabla e ver que somos un dos equipos fortes da categoría.

               como estan a ser os primeiros dias como adestrados da sd?

Traballando man a man coa directiva na confección do plantel. Nestas semanas que veñen empezaremos a planificar a pretemporada. 

       que deixas atrás en cabana?

Podo decir que deixo moitos amigos, que é o máis bonito deste futbol da Costa. Acadamos un ascenso que espero que lle sirva de motivación tanto a directiva como os xogadores, os que hai e os que chegarán, para consolidar o equipo na categoría e para involucrar máis a todo o mundo.


       Que coñeces da plantilla que vas a adestrar e que opinion che merece?

A plantilla aínda está confeccionándose, pero a base será a do ano pasado con varias incorporacións. Conozco a maioría personalmente e son bos xogadores, xogadores moi involucrados e cunhas posibilidades enormes. Si traballan, que non dubido que o farán, creo que poden conseguir moitas cousas no clube e no fútbol en xeral.