lunes, noviembre 14, 2011

S.D. SOFAN 2 - SP. ZAS 2

Non mereceu tan pouco premio a Sd onte no Carral. Puxo todo sobre o pesado cespede, adiantouse por duas veces no marcador, marrou varias ocasións claras, pero cando o día non está para ganar, non é malo un empate. O Zas, con un equipo xovencisimo, e a incorporación de Rubio, á postre xogador decisivo, arrancou un punto con fe e pelexa. Mais de 150 espectadores presenciaron un precioso encontro, dos de antaño, no coliseo sofanista.







S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Diego, Juan Rabuñal, Miniño, Pensado, Jacobo - Aleman 61´-, Suso Docampo, Berti - Edu 76´-, Ivan Rey - David Pensado 80´- e Abel.





SP. ZAS - Elias, Amado, Pereiro, Daniel Mata, Oliver, Martin - Cesar 73´- , Pablo, Rubio, Rafa, Peque -Solis 62´- e German -Jorge Espasandin 83´-





ARBITRO - Fernandez Liñares, que amonestou a Diego e Abel por parte local, e a Jorge por parte visitante.





GOLES -


1-0 29´Saque de banda de Juan Rabuñal que peina Miniño e Berti no segundo pao marca.


1-1 40´Falta que bota Rubio, rexeita Luis e Martin aproveita para empatar.


2-1 55´Boa xogada da Sd por banda esquerda, o balón chega a Berti dentro da area, que tras un recorte remata, rexeitando a defensa. Abel, no punto de penalti, realiza un contro inverosimil e remata con calidade anotando un autentico golazo.


2-2 60´Xogada calcada á do primeiro gol do Zas. Nova falta que lanza Rubio, rexeita Luis, e esta vez German é o que fai a igualada.





As choivas afectaron ó terreo de xogo do Carral que se atopaba bastante pesado, pero ainda así ambos equipos tentaron de xogar un futbol combinativo. Tras uns primeiros intres de tanteo, comenzou a Sd a acosar a meta de Elias. Suso tivo a primeira ocasión, con un disparo que saiu fora por pouco. Unha boa xogada de Jacobo enviouna un defensa a corner cando xa se cantaba o gol. Chegou o primeiro tanto de Berti e a Sd pareceu serenar o seu fútbol. A defensa non pasaba por apuros, Adrian controlaba ben ó Rubio, o elemento mais perigoso dos visitantes. Pero unha vez mais, unha xogada a balón parado foi a tumba da Sd. O Zas igualou sin apenas acercarse pola meta de Luis. Chegou o descanso con empate, e un sabor agridoce na parroquia local.





O segundo tempo empezou coa Sd buscando o gol que desnivelase a balanza. Berti, moi ben en punta, estivo a piques de marcar nun par de ocasións, pero foi Abel, un dos mellores do partido, o que o fixo. Cando parecia que chegaba a tranquilidade ás filas locais, novamente outra falta significou o empate. Os sofanistas desesperabanse, pero sacaron casta e bo futbol e a ultima media hora foi un asedio do que o Zas saiu vivo de milagro. Os visitantes estiveron encerrados na sua area e con disciplina e un pouco de fortuna defenderon a igualada. Reclamaronse dous penaltis, un por mans e outro por un derribo a Suso que o arbitro sacou da area incomprensiblemente. Un disparo de Suso rebotou en Rubio e dou no pao cando xa se cantaba o gol, David Pensado e Edu, moi incisivos o rato que estiveron no campo, tiveron as suas. Unha chilena de Abel saiu fora. Foi inutil. A pesar de que se empeza a ver ó Sofan de outras tempadas, onte non se tivo a fortuna necesaria para levar os puntos.