
MUROS - Lupi, Mayuyo, Gael, Marco, Gelo, Alberto, Jesus - Mingos 60´-, Dani, Oscar, Sexo e Adrian - Maxi 81´-.
S.D. SOFAN - Luis de la Peña, Adrian, Diego - Juanjo 69´-, Miniño, Juan Rabuñal, Pensado, Suso Docampo, Ivan Rey, Abel - Edu 88´-, David Pensado - Jacobo 66´- e Berti - Mario Casal 80´-.
ARBITRO. Hermo Alonso, que amonestou a Dani por parte local, e a Miniño, Abel, Mario e Juanjo por parte visitante. Unha vez rematado o encontro expulsou ó xogador local Sexo.
GOL.
0-1 58´ Gran combinacion entre Abel e Diego por banda esquerda que remata con un centro raso deste ultimo que Berti empalma á rede na boca de gol.
O equipo local, facendo honor á fama de equipo intenso e aguerrido que ten esta tempada, comenzou acosando a meta de Luis. O meta sofanista luciuse a tiro de Oscar nada mais comenzar o encontro. Cada saque de banda e cada corner era defendido con mimo polo equipo de Vicent

A tonica do primeiro tempo, con un Muros buscando rapidas contras aproveitando a velocidade dos seus homes en punta Sexo e Adrian, e coa Sd contemporizando e levando o control do balon, non mudou no segundo. Os primeiros vinte minutos foron de total dominio da Sd, que xogou francamente ben, tivo duas boas ocasións por medio de Ivan e Pensado, e anotou o gol que decidiu o encontro. A partir de ahi o Muros volcouse, con mais corazon que cabeza, fiando as suas internadas ofensivas á velocidade de Sexo e ó talento de Oscar. Tivo este xogador a mais clara do partido pero botou alto un remate na boca do gol tras centro de Sexo. A Sd sacou a relucir a veterania da sua xente de retaguardia e solventou o acoso e derribo final do Muros, con Mayuyo de dianteiro centro. Incluso Jacobo e Abel tiveron duas boas ocasións á contra, pero o partido esmoreciu co 0-1 no marcador.