lunes, noviembre 07, 2011

DUMBRIA B 0 - S.D. SOFAN 1

Segue a Sd corrixindo erros pasados a base de traballo, actitude e seriedade no campo, e onte volveu a dar unha lección de xogo en equipo e sacrificio para levar os tres puntos do dificil campo do Conco. Uns 100 espectadores, con nutrida presencia de seguidores de Sofán, viron un disputadisimo encontro que decidiu un gol de Suso Docampo no primeiro tempo.




DUMBRIA B - Anxo, Jose Manuel, Ramiro, David Carreira, Sergio Cives, Tati, Riki - Ivanete 76´-, Jesus, Esteban - Rodrigo 45´-, Pablo Leston e Fernando.



S.D. SOFAN - Richard - Luis de la Peña 45´- Adrian, Diego, Juanjo, Miniño, Pensado - Manuel Varela 87´-, Jacobo - Aleman 64´-, Suso Docampo, Abel, Ivan Rey e Berti - Edu 74´-




ARBITRO - Rodriguez Campos, que amonestou a Tati, en partido xogado con moita deportividade.



GOL:


0-1 14´ Gran pase de Pensado a Suso Docampo, que controla o balón no punto de penalti e bate a Anxo con calidade.




Está sendo moi seria a Sd nos seus ultimos partidos a nivel defensivo, e o encontro de onte non foi unha excepción. Todo o equipo traballou a destallo, cerrando liñas de penetración a un conxunto que ten demostrada a sua capacidade ofensiva, como é este Dumbria de Cesar Ferrio. Richard apenas tivo que intervir no primeiro tempo, unicamente os lanzamentos de falta lonxanos de Pablo Leston levaron algo de perigo, asi como un disparo dende fora da area de Jesus que saiu fora por pouco. Pola contra, a Sd buscou o contragolpe coas ideas claras, abrindo o xogo polas bandas, con un Abel moi profundo e perigoso. O tempraneiro gol serenou e afirmou a idea da Sd, que se dedicou a controlar o balón e o ritmo do partido, tentando crear perigo á minima ocasión. Unha boa xogada visitante non acabou en gol de milagro, pero o remate de Jacobo foi frouxo ás mans de Anxo.



No intermedio retirouse o gardameta Richard lesionado. O seu substituto Luis cumpliu a perfeccion, impoñendose nos balóns aereos e dando seguridade á zaga. O Dumbria fixo un cambio táctico situando a Cives de dianteiro centro. O capitan creou incertidume na zaga sofanista, pero foi ben controlado por Juanjo e Miniño, inconmensurables. Diego e Adri puxeron o candado ás bandas e ó Dumbria fíxoselle dificil crear perigo. As contras da Sd foron cada vez mais claras, e so a falta de punteria de Abel en un par de ocasións, Suso e Berti, impediu que o partido fora mais tranquilo para o conxunto visitante, que solventou con veterania os ultimos minutos de acoso para levarse tres importantes puntos.