SD SOFAN - Richard, Adrian, Victor Docampo, Jesus, Juanjo, Aleman -Roberto Souto 78´-, Eloy - Abel 21´-, Jacobo -David Pensado 68´-, Ivan Rey -Berti 75´-, Suso Docampo e MArio Casal
BUÑO - Toni, Brais, Oscar Pardo, Alfredo, Angel, Jorge Calvete, Ismael, Elias - Antelo 46´-, Emilio, Victor e Dourado -Dani Calvete 78´-.
1-0 33´Centro cerrado de Jacobo que Mario deixa pasar e cólase na meta de Toni.
1-1 51´Centro sin perigo de Ismael que Richard o intentar blocar mete na porteria.
2-1 83´boa xogada da sd por banda dereita, o balón chega a Suso no borde da area, fai un recorte e clava o esférico na escadra.
2-2 92´Richard de corner directo.
Saiu moi forte a Sd, impoñendo un ritmo alto de presión, roubando balóns e acercandose con perigo á meta de Toni. Ainda así as imprecisións predominaron e o fútbol non era fluido. O Buño fiaba a súa ofensiva ás arrancadas de Victor, ben controlado en principio por Juanjo. O cuarto de hora unha nova lesión nas filas da Sd. Retirouse Eloy con un forte esguince de tobillo.
Jacobo e Mario estaban peleóns, e unha boa xogada do arteixán non a rematou Casal por pouco. Ivan disparou forá á saida dun corner. O partido era moi trabado, de loita constante no centro do campo. O primeiro gol da tarde tranquilizou ós hom
es de Vicente, que xogaron os seus mellores minutos. Unha gran contra da Sd cortouna Angel, o mellor do equipo visitante, cando Mario se dispoñía a marcar. Ivan Rey fixo a mellor xogada do encontro, nunha arrancada dende o centro do campo na que se foi de canto rival lle saiu o paso e espetou o balon no largueiro cando xa se cantaba o gol. O descanso a Sd dominaba a situación.
Pero o inicio do segundo tempo foi nefasto para os locais. O desafortunado gol levou a un periodo de desconcerto local, que a piques estivo de aproveitar o Buño para adiantarse no marcador. A saida de Antelo e as dubidas da defensa local propiciaron varias situacións de panico na meta de Richard. A ocasión mais clara foi para Dourado, que tras unha gran contra se plantou ante Richard e enviou o balon fora.
Os ultimos minutos foron de acoso da Sd, con mais corazón que claridade futbolistica. Adrian disparou con potencia fora. Berti e Abel tiveron un par de boas ocasións, antes do golazo de Suso Docampo, que parecia sentenciar o encontro. Pero este ano non se sabe o que pode pasar nos partidos da Sd, e o incrible gol de Richard deixou as tablas no marcador xa no tempo de desconto.