CAMARIÑAS . Pombo, Pesqui - Nico 46´-, Carlos, Breo, Maikel, Moriño, De la Sierra - Javi 60´-, David - Daniel 76´-, Juan Bello, Brais e Leo.
S.D. SOFAN . Richard, David Velo - Victor 72´-, Adrian, Juanjo, Eloy Boedo, Aleman, Ivan Rey, Suso Docampo, Abel, Edu - Berti 69´-e Jacobo.
ARBITRO. Vazquez Suarez, que amonestou
a Maikel , Bello e Javi por parte local, e a Aleman por parte visitante.
GOLES. 1-0 75´Leo 2-0 78´Javi 3-0 80´Leo.
Partido tenso o disputado onte en Camariñas. Iniciou ben a Sd, saindo con velocidade á contra e controlando ós perigosos dianteiros camariñáns. Abel creaba bastante perigo pola sua banda, e Jacobo estaba moi peleon e incisivo. Ainda así a primeira clara ocasión tivoa Leo tras un gran centro de Bello, pero Richard enviou a corner con un tremendo paradón.
Un disparo desde lonxe de Jacobo foi a primeira para a Sd. Anulouselle un gol a Abel por fora de xogo, e acto seguido o colexiado non sinalou un penalti claro a Suso Docampo. O partido era de un ritmo alto pero algo falto de calidade. Despois de outra parada de Richard a tiro de David chegouse ó descanso con igualada.
No segundo acto comenzou a funcionar o centro do campo camariñán, quizais debido ó baixon físico mostrado polos xogadores da Sd. moriño fixose co mando das operación e o fútbol local empezou a fluir. Pero a Sd lanzou varias contras que puideron ser mortais , se o colexiado estivese un pouco mais fino. Non viu unhas mans de Maikel dentro da area, e pouco despois sancionou con amarilla unha entrada do mesmo xogador a Abel cando este encaraba so a Pombo. Da posible expulsion do central, chegouse á grave lesión de Velo, e parece que a saida do racial lateral descompuxo ó equipo, pois o plantexamento da Sd veuse abaixo como un castelo de naipes tras o gol inicial de Leo. Os outros caeron polo seu propio peso.