martes, diciembre 21, 2010

UNION VIMIANZO 0 - S.D. SOFAN 0

En xornada sabatina igualou a Sd no campo Municipal de Vimianzo. O equipo local, motivado tras o cambio de técnico, aguantou as escasas embestidas visitantes e logrou un meritorio punto. A SD acusou a baixo dos seus homes - gol e non foi capaz de transformar as ocasións que creou.

UNION VIMIANZO - Damián, Maikol, Amarelle (Sergio de Dumbría, min.74), Iván de Treos, Sergio de Quintáns, Martín, Iván de Baiñas, Diego (Sergio Vilaseco, min.56), Lagoa (Manacas, min.69), Arán e Pablo Santacristina.

S.D. SOFAN: Costa, Roberto Souto, Gustavo, Juanjo, Miniño, Manolo Varela (Pizo, min.65), Alemán (Gende, min.76 (Carlos, min.91)), Adrián, Jacobo, Diego e Mario Casal.

ARBITRO: Vazquez Exposito, que non tivo que amonestar a ningún xogador nun partido de exquisita deportividade.

As baixas na liña de ataque fixeron que se presentase a SD cunha dianteira inedita formada por Jacobo e Mario Casal. Ambos xogadores dispuxeron de boas oportunidades no primeiro tempo pero non conseguiron anotar. Jacobo tivo a mais clara neste acto pero a sua vaselina ante Damian saiu fora por pouco. O meta local estivo moi seguro toda a tarde. O Vimianzo tentabao a base de xogadas a balón parado, apoiandose no potencial aereo do seu capitan Ivan, que foi o home mais perigoso dos locais. O dianteiro Aran estivo tamen moi batallador, e o seu duelo con Juanjo foi do mellor do encontro. Un par de remates de Gustavo á saida de sendos corners, un centro de Adrian ó que non chega Mario por pouco, e un remate do propio Adrian foron as opcions dos visitantes, cunha evidente cegueira de cara a porteria.

No segundo tempo intensificouse o dominio da SD, cun Vimianzo mais replegado e defendendo o empate. Tivo Diego a mais clara ocasión do encontro, pero o seu remate repeliuno o pao longueiro. Jacobo tivo outro par de boas opcións. A Sd arriscou mais neste tramo tentando levarse os puntos, pero o fútbol foi moi deslabazado e sen intencións claras, e o Vimianzo defendeu a súa porta sen maiores problemas. A nota negativa do encontro foi a lesión de Gende no xeonllo, tras unha xogada fortuita.