viernes, diciembre 17, 2010

BERTI DEIXA A S.D.

Alberto Lorenzo Suarez, mais coñecido como Berti, ven de fichar no Buño, clube que se interesou por el vista a escasez de minutos que tiña no equipo de David Baña. O xogador, de 26 anos, decidiu probar sorte para o que queda de tempada e tentar demostrar as dotes de goleador que o levaron a ser o pichichi da S.D. no curso pasado con 14 tantos. Sorte nesta nova andaina, e sabe ben Berti que a súa casa está no campo do Carral.


¿cales foron os motivos da tua marcha?

O principal motivo foi as ganas de xogar o deporte que mais me gusta, o futbol, de contar cos minutos necesarios para volver o ritmo de competición debido a que por motivos de traballo tuven que estar dous mese fóra de Galicia. E no momento que cheguei pois o equipo xa estaba formado e con moitas dificultades de entrar no once titular e nas convocatorias e contar con minutos dado que a competividade por posto no Sofán é dura, e na dianteira pois moito máis, con tres ou catro xogadores que poden xogar nesa posición. Enton despois de falar co adestrador do Buño pois considerei a oportunidade de xogar ali este ano que queda de campaña e axudar ó equipo oleiro a manter a categoría no que poida. Creo que podo volver a marcar goles como anos anteriores, nos que puiden disfrutar dos minutos necesarios para conseguilo, e no Buño volvo a ter esa ansiada oportunidade.

¿que deixas atras ó irte da SD?

O irme da sd deixo moitos amigos e case podo decir que a miña segunda familia, estuveron ai nos momentos mais duros que pasei fai uns meses, como todos os sofanistas saben, e desde aqui aproveito a darlle as grazas a todos, xogadores, corpo tecnico, directiva e afeccionados que me mostraron daquela e sempre o seu cariño. E como non, deixo un super equipo, xa non so no aspecto tecnico do futbol, senon tamen no sentido de como se deben comportar uns futbolistas para manter a unidade nun vestirario.

¿plantexaste volver con animos renovados ó clube?

O de volver o equipo pois e unha posibilidade que pode surxir, non sei se dentro de unha, duas ou tres tempadas, pero estou convencido de que asi sera porque como xa dixen, nadie abandona sua familia. Cando falei coa directiva de que queria irme, dixen que se un dia querian que formara parte do equipo esa tempada, que me chamaran e se tanto a directiva como o entrenador ou corpo tecnico que leve ese ano o equipo contaban comigo como un dos xogadores necesarios para ese ano facer un bo papel na liga, pois o mais probable e que non dubidara na miña decision.

¿que esperas do teu novo equipo?

No Buño espero poder atopar un equipo no que disfrute cen por cen do futbol, teño ali amigos, xogadores cos que coincidin noutros equipos. E un equipo que combina veterania con xente nova, algunha descoñecida pero que son xogadores que poden dar que falar dentro duns anos na liga da costa,se o cren de verdade. Neste momento atopamonos na zona baixa da taboa clasificatoria, pero creo que hai equipo para poder manter a categoria, e segun vaian pasando as xornadas, pois saber se se pode optar a quedar na metade da taboa sen sufrir ata o final pola salvacion.Espero que todo vaia ben, e que o Buño poida manter a categoria, e se podo axudar o maximo cos meus goles pois perfecto, e espero que o Sofan consiga ese ansiado primeiro ou segundo posto, que esta ai cerquiña. Moita sorte!