lunes, diciembre 13, 2010

DUMBRIA B 0 - S.D. SOFAN 1

Sufrida victoria da SD no campo do Conco de Dumbría. Non foi o mellor partido dos de Baña, pero bastaronlle 15 minutos de intensidade no segundo tempo para anotar un tanto, e logo dedicarse a defender con solvencia a portería de Costa. 50 afeccionados presenciaron o encontro, presidido pola total deportividade entre os dous conxuntos.

DUMBRIA B - Anxo, Jose Carreira, Insua, David Carreira, Sergio Cives, Jesus, Tantan, Ramiro, Pablo Leston, Fernando -Ivanete 70´- e Rodri -Miguel Poyo 60´-.

S.D. SOFAN - Costa, Adrian, Gustavo, Juanjo, Miniño, Juan Rabuñal, Mario Casal, David Pensado -Marcos Gende 46´-, Diego -Roberto Souto 84´-, Luisito -Manolo Varela 73´- e Bertin.

ARBITRO - Ramos Lopez, que amonestou a Ivan por parte local, e a Roberto, Bertin e Diego por parte visitante.

GOLES:
0-1 63´Pase en profundidade de Luis a Bertin que acerta a meter a punteira ante a saida á desperada de Anxo.

Mal primeiro tempo o da SD, que saiu sin a intensidade necesaria para afrontar o encontro. O Dumbria foi un equipo serio, que presionou a saida de balón dos visitantes con moito acerto, pero carente de pólvora nos metros finais. Só a balón parado, e con algún disparo lonxano de Pablo Leston, inquedou a meta de Costa. Por parte visitante Bertin tivo a mellor ocasión, pero non acertou a rematar en boca de gol un gran centro de Luisito. Tivo Diego outra boa opción pero enviou o balón alto. A lesion de David Pensado trastocou os plans de Baña, que tivo que reestructurar o equipo tras o descanso.

Saiu a SD con outro aire, e tras verlle as orellas ó lobo foi capaz de tomar a iniciativa, presionar con intensidade e practicar un fútbol mais vertical. Tivo Bertin unha ocasión clarísima pero o seu disparo dou no poste. Diego e Luisito dispararon a rentes do pao, e chegou o gol salvador. A partires deste intre a SD fechou o candado da súa porteria e realizou un fútbol mais practico que vistoso. Os animosos rapaces de Cesar Ferrio tentarono á desesperada pero a defensa da SD mostrou a sua veterania e os puntos viaxaron a Sofán.