lunes, noviembre 29, 2010

CORME C.F. 4 - S.D. SOFAN 4

Surrealista. O de onte no campo do Cairo foi mais unha obra de teatro que un partido de fútbol, e como actor principal un colexiado: o inclito Rubén Rivas Rodriguez, protagonista de principio a fin. Nun encontro sin apenas faltas, entre dous equipos que caracterizan os seus enfrontamentos pola limpeza e deportividade, vimos 5 expulsións e descontento xeneralizado, ata o punto de plantexarse ambos equipos o abandoar o encontro antes do remate, visto o recital do suposto xuiz da contenda.

A Sd considerase perxudicada pola actuación arbitral pois tivo que xogar con 9 a maior parte do segundo tempo, pero é verdade que os erros se compensaron na parte final, sobre todo no incrible penalti que dou lugar ó empate a catro. As decisions do colexiado foron en todo momento inexplicables. As mais graves, sen dúbida, a expulsión de Dieguito por darlle un puñetazo á porta do vestiario no descanso, supoño que do cabreo de recibir o empate a dous a pouco do final deste tempo. O motivo da expulsión foi, segun palabras do colexiado, que diante del non se maltratan as instalacións. A expulsión de Gende foi algo parecida, por duas faltas, unha delas que non comete o zagueiro, senon outro compañeiro, e a segunda que nin falta foi. O penalti do cuarto gol do Sofán ninguen sabe por que foi, e pouco despois non sanciona unha clara man na area do Corme. Foras de xogo inventados, faltas señalizadas por tropezar co balón, a postreira expulsión de Luisito e Alejandro por intercambiar unhas palabras nin tan sequera subidas de tono... Antolóxico recital arbitral, que ninguén non campo se explicaba nin daba crédito.

Sirva esto para explicar que o partido foi moi limpo, sen accións en ningún momento violentas, como pode parecer vendo a lista de cartóns, pero non para explicar porque a SD igualou en Corme un partido que tiña que ter gañado con comodidade. Un Corme plagado de baixas plantexou unha alineación tan talentosa como chea de xuventude, e a SD levou o peso do partido con claridade, pero os graves erros defensivos levarón á igualada final. Un equipo que pretende estar na parte alta da taboa non pode encaixar os goles que encaixou onte, pois se marcando 4 goles fora da casa, ainda xogando con 9, non se leva a victoria é que algo grave sucede.

Bertin segue coa súa xeira goleadora, e está a levar o peso atacante no equipo de Baña. Os seus dous tantos no primeiro tempo parecian dar tranquilidade os visitantes, pero o erro de Costa a pouco do descanso foi decisivo. No segundo tempo tivose que remar contra o arbitro e o marcador, e o empate é un mal menor vistas as circunstancias de onte, ainda que nun campo no que todos os grandes gañaron a SD solo puido sacar un empate. Quizais sexa porque todavia non se pode considerar ó Sofán como un equipo punteiro da liga.

CORME C.F. - Susiño, Jesus, Abel, Martinciño, Pandi, Alejandro, Gonzalo -Martin Torrado 90´-, Diego -Daniel 78´-, Lucas, Adolfo -Jorge 70´- e Iago.

S.D. SOFAN - Costa, Juanjo, Diego, Miniño, Pensado -Gende 39´-, Pizo, Aleman -Mario 59´-, Jacobo -David Pensado 59´-, Luisito, Adrian e Bertin.

ARBITRO: Rivas Rodriguez, que amonestou a Jorge por parte local e a Miniño por parte visitante. Expulsou a Diego no descanso, a Gende no m. 65, a Iago no 85 e a Alejandro e Luisito no 90.

GOLES:
0-1 3´Gran centro de Luisito que remata Bertin ó fondo das mallas.
1-1 25´Falta lateral que remata Alejandro ante a pasividade da defensa visitante.
1-2 32´Trallazo de Jacobo ó largueiro e o rexeite mandao Bertin ó fondo das mallas.
2-2 45´Erro de Costa que se deixa roubar o balón na area pequena por Iago, que dende a liña de fondo marca con maestria.
3-2 53´Iago vaise solo cara a porteria e marca practicamente sin oposición do porteiro.
3-3 61´Disparo de Bertin que rexeita Suso e David Pensado anota no rexeite.
4-3 66´Gonzalo de falta directa.
4-4 87´Bertin de penalti