lunes, septiembre 28, 2009

S.D. SOFAN 2 - S.C.D MALPICA 3

En tarde soleada no Carral, con cerca de 160 afeccionados no graderío, volveu a aparecer a bestia negra da SD, o Malpica, que se levou os tres puntos sen facer excesivos méritos. Pero como o que conta no fútbol son os goles, a SD non sae do bache de resultados no que se encontra inmerso.

S.D. SOFAN: José Ramón; Juanjo, Diego, Roberto Souto, (Gende 67’), Manolo Varela, (Adrián 60’), Pensado, (Óscar Pardo 89’), Mario, Alemán, Berti, Eloy, (Jacobo 69’), Bertín, (Pizo 74’).

SCD MALPICA: Toni; Marco, Marcos Amado, (Víctor 46’), Alfredo II, Iago, Casais, (Carlitos 46’), Neucha, (Ismael 81’), Andrés, David Blanco, Charly, Eloy, (Manu Pardo, 46’).

ARBITRO: España Andrade, que amonestou a Jose R., Diego e Gende por parte local, e a Toni, Neucha e David Blanco por parte visitante.

GOLES:
0-1 min. 15. Disparo de Charly que Jose R. rechaza como pode e Neucha aproveita o balón morto para marcar.
1-1 min. 27 Bertín centra o segundo pao e Mario remacha a rede
1-2 min 57 Carlitos remata case na liña de gol un corner sacado por Neucha, ante a pasividade da defensa local
2-2 min 59 Bertín de penalti cometido sobre el mesmo.
2-3 min 73 Manu Pardo de penalti tras un dubidoso derribo de Jose R. a David Blanco.

Partido intenso e de goles o de onte á tarde, con un fútbol presidido pola pelexa e entrega dos contendentes pero escaso en calidade e xogadas de mérito. A Sd arrancou con forza, aproveitando a defensa adiantada dos malpicans creou varias ocasións de perigo, pero en algunha ocasión Toni coas suas saidas, e noutras a falta de pericia dos carballeses fixo que non se vira gol na porteria visitante. A mais clara tivoa Bertín ó cuarto de hora cando se plantou solo diante do meta malpicán pero enviou o balón fora a un centrimetro do pao. Acto seguido chegou o gol visitante para desesperación local. A igualada poñia xustiza no marcador, e ainda lle foi anulado outro gol a Mario por extraño fora de xogo. Neucha lanzou ben unha falta que parou Jose R. na única ocasión visitante neste periodo.

Nunha xogada a balón parado adiantouse o Malpica. Pouco antes non se sinalara un claro penalti a Mario, pero si que se sinalou un mais dubidoso a Bertin que significou o empate acto seguido. Cando parecia que a SD collera o dominio do partido e se lanzaba en pos da victoria chegou a xogada que marcou o resultado, outro dubidoso penalti que Manu Pardo non marrou coa sua habitual pericia. De ahi o final foi un quero e non podo da SD, que demostrou unha impotencia considerable e xa suma a sua terceira derrota consecutiva.