lunes, septiembre 21, 2009

PORTEÑO 1 - S.D. SOFAN 0

Derrota da SD no campo da Grixa, terreo de xogo maldito para os sofanistas. As peculiaridades deste campo condicionaron o desenrolo do encontro, pois o conxunto local soubo explotar as suas bazas mellor que os visitantes e levaron os tres puntos en xogo tras un dos multiples saques de banda que colgaron á area durante todo o encontro. A SD tivo claras opcións no segundo tempo pero non foi quen de bater a Asiel.

PORTEÑO: Asiel, Ruben (Sergio 89´), Manu, Angel, Valeiro, Piti (Alex 80´), Ivan (Oscar 59´), Robertito, Juan Bello, Michel e Joan (Jorge 74´).

S.D. SOFAN: Carlos (Jose R. 60´), Juanjo, Oscar Pardo (Eloy 58´), Manolo Varela (Berti 73´), Roberto Souto, Aleman (Pizo 81´), Pensado, Mario Casal, Diego, Abel (Bertin 25´) e Jacobo.

ARBITRO: Alvarez Vega, que amonestou a Angel, Michel e Juan Bello no equipo local, e a Roberto, Jacobo e Mario polos visitantes.

GOL:

1-0 m.37´ Saque de banda de Manu, barullo na area e Valeiro aproveita para marcar de cabeza.

Plantexou Baña un partido físico sabedor de que iso era o que se ia impoñer na Grixa. E asi foi. O Porteño forzou innumerables saques de banda e corners no primeiro tempo, encerrando á SD no seu terreo. Os barullos na area visitante eran constantes. Os sofanistas tentaban trenzar algo de fútbol pero foi imposible. Tivo Abel a mellor ocasión para a SD neste tramo pero tras regatear a Asiel enviou o balon fora. Nesta acción lesionouse o de Pastoriza, tendo que ser substituido. O gol de Valeiro foi consecuencia lóxica do fútbol directo do Porteño, e o mesmo xogador tivo outra ocasión clara á saida dun corner. Mario Casal rematou alto unha boa xogada de Juanjo a pouco do descanso.

O segundo tempo foi para os visitantes. E non marcaron de milagro, pois as ocasións foron moitas e claras. O Porteño buscou a contra descaradamente con Michel como referencia de ataque, e ata o minuto 90 Valeiro foi un perigo nos saques de banda. Tivo Jacobo unha clarisima ocasión mediado o segundo acto, pero o seu remate dou no pao e paseouse pola liña de gol. Mario non chegou por pouco de cabeza noutra clara ocasión. A definitiva foi unha de Eloy a pouco do remate que Asiel sacou de maneira incrible cando xa se cantaba o gol.

Non soubo xogar a SD na Grixa como hai que facelo neste terreo de xogo, e vaise de vacio para Sofan. Decepción na parroquia sofanista que espera que o derbi do próximo domingo contra o Malpica sirva para cargar pilas ante a longa competición ligueira que se aveciña.