lunes, abril 06, 2009

PORTEÑO 2 - S.D. SOFAN 0

Rematou a tempada 08/09, e na última xornada tocoulle á SD visitar o campo da Grixa, fortín dos da Ponte do Porto e campo inexpugnable para os de Sofán nos últimos 4 anos. Cumpliuse a tradición e perdeu o equipo de Baña na Grixa. Alinearon ambos equipos a:

PORTEÑO: Asiel, Manuel, Roberto, Rosquilleiro, Valeiro, Piti, Oscar (Bua 64´), Robertito, Toja (Fran 89´), Juan e Iago Carril(Ivan 40´).

SD SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego, Juanjo, Oscar (Bertin 63´), Mario, M.Varela, Eloy, Abel, Suso Docampo e Berti.

ARBITRO: Souto Miguez, que amonestou a Piti, Oscar e Juan por parte local, e a Mario por parte visitante.

GOLES:
1-0 59´ Xogada de Juan que cede o balon na frontal da area a Robertito para que enganche un disparo que entra axustado ó pao dereito da porteria visitante.
2-0 69´Penalti de Varela a Robertito que transforma Piti

Dia festivo na Grixa para celebrar o final de unha liga magnífica do cadro local. Nun ambiente de relaxación os dous equipos buscaron o gol con intensidade pero foi o Porteño o que se levou o gato á auga. Saiu o cadro local con moitos brios e creando perigo en todas as xogadas a balon parado. A altura dos dous centrais causoulle moito perigo á SD. Nun corner botado por Juan reclamaron os de Pepucho que o balon entrara na porteria visitante, pero o colexiado fíxose o sueco. Tivo unha boa ocasión Valeiro nun remate de chilena que sacou J.R. con suficiencia. Calquera saque de banda era a escusa para achuchar mais á SD. Neste periodo os visitantes abusaron do fútbol directo, e so cando lograron enlazar algunha combinacion crearon perigo na meta de Asiel. Estivo a piques de marcar Eloy nun barullo dentro da area, e Abel rematou un corner de cabeza alto.

O segundo periodo foi o da sentencia do partido. Juan, moi incisivo durante todo o partido, foi un pesadelo para a zaga da Sd. O gol de Robertito fixo que o Sofan se lanzara ó ataque pero o posterior penalti sentenciou o partido. Reclamou o Porteño outro por mans de Diego. A SD, xogando case que con 6 dianteiros, creou as suas ocasions, pero mais por acumulación de homes que por claridade de ideas. Festa rachada na Ponte do Porto e a Sd a esperar que se inicie a copa.