domingo, septiembre 14, 2008

S.D. SOFAN 1 S.D. PONTECESO 1

Parece abonada ó empate a un tanto a SD, pois por terceira semana consecutiva ese é o resultado do encontro. Tarde calurosa, co terreo de xogo impecable para a práctica do fútbol. Unhas 150 persoas acudiron ó Carral e presenciaron un partido disputado, emocionante e que se saldou con xusta igualada.

SD SOFAN: Jose R., Mario, Diego (Christian m.68), Juanjo, Gustavo, Pizo, Santi (Varela m.77), Adrian (Victor Docampo m.65), Eloy, Berti e Abel
SD PONTECESO: Pombo, Moscoso (J.Rañal m.46), Dani Pallas, Roberto Rios, M. Torrado, Tucho, Mendieta (Mato m.88), Nando (Salva m.78), Cano, Ruben (Carliños m.50) e Esteban (Neucha m.68)


ARBITRO: José Fdez. Liñares, que amonestou a Juanjo, Gustavo, Adrian e Abel por parte local, e a Dani Pallas, Cano, Salva e Carliños por parte visitante.


GOLES: 0-1 m.8 Cano de penalti 1-1 m.88 Eloy de falta directa que entra pola escuadra.

Foi xogado o partido a ritmo altisimo dende o primeiro minuto, sen posibilidade de respiro para ningún contendente. Rios mandou un remate de cabeza ó longueiro ó saque de unha falta, e pouco despois Gustavo cometeu un claro penalti que Cano transformou con seguridade. O Ponteceso era o dono do encontro, con un Esteban moi bullicioso. A SD estirouse pouco a pouco, e primeiro Abel ó rematar un corner e logo Berti nun barullo levaron perigo á meta de Pombo. Jose salvou un man a man a Ruben, e logo fixolle un paradón a Esteban. Pero a xogada clave foi o penalti errado por Berti , pois ademais de non ser convertido o porteiro Pombo non foi expulsado nunha rigurosa decisión de Fernandez Liñares. Con victoria minima dos da Ponte chegouse ó descanso.

Variou o mister Baña a disposicion dos seus homes no segundo acto, reforzando o mediocampo, e desplazando a Abel á banda esquerda, onde mantivo un bonito duelo con Cano. Unha gran internada do rapaz da Sd non acabou en gol de milagro. Coa saida de Victor o equipo ganou en dinamismo, ainda que non se xeneraron ocasións claras de gol. Un remate de Pizo saiu fora por pouco. O Ponteceso limitouse a nadar e gardar a roupa, lanzando contras moi perigosas que resolveu a defensa local con seguridade. O encontro endureceuse un pouco, algo normal nestes derbis. O golazo de Eloy ó limite do tempo foi digno colofón a un bo partido.