sábado, septiembre 20, 2008

MUROS S.D. 2 S.D. SOFAN 1



Inxusta derrota a da SD na tarde de hoxe, nun encontro no que foi superior durante a maior parte do tempo ó equipo local, pero que acabou perdendo por unha incomprensible decisión arbitral a pouco de acabar o partido. Gran entrada de público en Miraflores, partido clásico da liga da Costa xogado de poder a poder no que os dous equipos demostraron calidade suficiente para estar nos postos altos da clasificación.

MUROS S.D. - Lupi, Manu Dosil (Ivan m.57), Gabi (Adan m.72), Teo, Mayuyo, Aaron (Alvaro m.63), Maxi, Gelo (Kiko m.53), Jaro (Piti m.53), Bibi e Brais
S.D. SOFAN - Jose R., Victor Docampo, Diego, Juanjo, Gende (Berti m.82), Mario, Pizo, Santi (Varela m.77), Abel, Adrian e Marquitos( Alex m.89).

ARBITRO: Vazquez Exposito, que amonestou a Maxi, Adan e Ivan por parte local, e a Victor, Mario, Abel e Varela por parte visitante. Expulsou ó adestrador visitante David Baña a raiz da accion do penalti a favor do Muros.

GOLES: 0-1 m.60 Gran pase de Santi en profundidade a Adrian que bate de preciosa vaselina a Lupi 1-1 m.69 Tremendo trallazo de Piti dende a frontal que entra por toda a escuadra 2-1 m. 85 Brais de penalti.

Gran partido o visto na tarde de hoxe. Dous equipos que batallaron ata a extenuacion e que non merecían que o resultado se decidise por un clamoroso erro arbitral nunha acción entre Varela e Piti que se sancionou cun inexistente penalti. Para maior escarnio, non foi sinalado outro clarisimo na area local de Mayuyo a Berti. En honor á verdade, hai dubidas sobre outra xogada no primeiro tempo que reclamaron os de Muros por mans de Gende. Toda unha historia, a verdade.

Saiu o Muros a por todas, tentando de amedrentar ós visitantes, que se mostraron replegados nos primeiros intres. As xogadas a balon parado eran as de mais perigo por parte local, e nunha delas Mayuyo rematou a bocajarro pero Jose sacou unha man prodixiosa. Disparou Bibi a porta pouco despois volvendo a deter Jose. A SD buscaba as contras baseadas na velocidade dos seus homes punta, sobre todo Abel, que estivo a piques de marcar nunha xogada na que superou ó porteiro local pero un defensor sacou baixo paos. Pouco despois unha gran accion conxunta da SD acabou cun remate de Abel alto, e Santi a pouco do descanso estrellou un balón no largueiro ó lanzamento dunha falta directa.

No segundo tempo os minutos iniciais foron da Sd. Mario á saida dun corner estivo a piques de marcar, e pouco despois chegou o gol de Adrian. Co marcador en contra o Muros mostrouse nervioso e desorientado, e as puntas sofanistas crearon perigo durante uns minutos nos que parecia que o partido se ia sentenciar a prol dos visitantes. Pero o Muros ten un recurso de luxo no veterano Piti, que desequilibrou o partido en duas accions, primeiro inventando un golazo dunha situacion de pouco perigo, e logo forzando un penalti a todas luces inexistente. Co 2-1 a SD queimou todas as naves e nas ultimas accions houbo mais polemica que futbol.

Demostrou a SD estar en boa liña, pero non serviu para sumar puntos.