domingo, septiembre 07, 2008

C.D. BAIO 1 - S.D. SOFAN 1

Igualada no arranque ligueiro no Platas Reinoso, nun partido marcado pola forte calor, que foi xogado a un ritmo lento propio destas alturas de tempada. Formaron por ambos equipos:

CD BAIO - Trucho, Jose A., Lopez, Diego Diaz (Fredy m.60), Ramon, Mario, Sergio Suarez, Dani, Carliños (Felipe m.76), Alberto e Martin Fuentes.

SD SOFAN - Jose R., Christian, Diego, Juanjo, Gustavo (Gende m.78), Pizo, Adrian, Santi, Berti (Mario m.60), Eloy e Abel.

ARBITRO: Baldomar Obelleiro, que amonestou a Diego Diaz, Ramon, Sergio e Fredy por parte local, e a Diego, Juanjo, Gustavo e Pizo por parte visitante

GOLES: 1-0 m. 27 Gran xogada de Alberto pola banda esqueda, da o pase da morte e Martin Fuentes marca de disparo á escadra 1-1 m. 66 Santi de falta directa.

Iniciouse o partido cos dous equipos moi á expectativa, temerosos e pouco seguros das suas forzas. O primeiro remate a gol foi de Juanjo á saida dun corner pero o disparo do central sofanista foise alto. Acto seguido veu o gol de Alberto, que lle dou confianza o Baio, pasando estes a xogar os seus mellores minutos do partido. Tivo Carliños duas claras ocasions antes do descanso, pero precipitouse no remate. Eloy ensaiou o disparo dende fora da area pero o marcador non se moveu ata o descanso.

O segundo tempo foi moi trabado e algo mais duro. Tivo Sergio unha clarisima ocasion nun man a man con Jose, que este salvou moi ben. Ata o gol de Santi o partido estaba algo dormido, pero co empate a SD foi dominadora da situacion sen pasar apuros atras, pero sen crear excesivo perigo arriba. Fredy rematou un corner alto cando se encontraba solo. Pizo lanzou unha falta con moita intención pero Trucho mostrouse moi seguro toda a tarde. A SD tentou de montar rapidos contragolpes para aproveitar a velocidade de Abel, pero o de Pastoriza non anotou nesta tarde.

Empate que se pode catalogar de xusto entre dous equipos ós que lles falta un pouco mais de rodaxe para dar a verdadeira medida das suas posibilidades.