domingo, agosto 24, 2008

SIN QUERER 1 - S.D. SOFAN 0

En tarde calurosa caeu derrotada a SD no campo da Grela contra o Sin Querer, e por tanto non puido traer o trofeo do Club Silva ás vitrinas sofanistas. Alineou o Sofan a:

Jose R., Christian, Diego, Juanjo, Gustavo (Gende m.45), Mario (Varela m.55), Pizo (Alex m.60), Eloy (Oscar m.45), Adrian, Marcos e Berti

A pesar de non xogar ben, o Sofan debeu de levar o partido con comodidade, pois as ocasions erradas foron innumerables. O primeiro tempo foi bastante trabado, con un Sin Querer moi animoso, presionando ben na linea de creacion, e que apenas pasou apuros na linea defensiva. Tivo Berti unha boa ocasion nun man a man, e Adrian disparou un par de veces con perigo.

No segundo tempo o dominio foi totalmente visitante, pero o Sin Querer adiantouse no marcador no minuto 60 nun rechace de Jose R. que un dianteiro empurrou ás mallas. A partir de ahi intensificouse o acoso da Sd, creando numerosas ocasions, sobre todo a balon parado, que non entraron de milagro. Gende enviou o balon fora a medio metro da linea de gol, Berti marrou un par de mans a mans, e a poblada defensa do Sin Querer rexeitaba todos os tiros dos sofanistas. O partido endureceuse un pouco na recta final, e o Sofan non foi capaz de empatar, tendo que conformarse co trofeo de consolacion.

O proximo domingo dia 31 as 19 horas remata a pretempada con un partido na cumbre na Porta Santa: Paiosaco - SD Sofan.