viernes, agosto 29, 2008

BUÑO 1 - S.D. SOFAN 2

Partido xogado onte pola noite no campo da Pedra Queimada de Malpica en horario nocturno, no que a SD volveu á senda das victorias, a pesar de non deixar unha boa sensacion sobre o sintetico malpican. Formou o noso equipo con:

Jose R., Christian, Gustavo, Gende, Varela, Juanjo, Mario, Marquitos, Cristian P., Santi e Berti. Tamen xogaron Diego, Alex, Victor Docampo e Pizo.

No primeiro ataque do Buño o seu home de referencia no aspecto ofensivo, Victor, anotou o primeiro tanto do partido. Este gol pillou moi frios os da Sd, que xogaron uns primeiros 20 minutos para olvidar, sen encontrar nunca o seu sitio no campo. A partir de ahi tomouse o dominio do balon, e comenzaronse a crear ocasions. A pouco do descanso empatou Berti.

No segundo tempo a SD levou o peso do partido, mellor plantada no campo e presionando un pouco mais os xogadores oleiros. Berti volveu a anotar, demostrando que o Buño se lle da moi ben. Pouco futbol se viu neste periodo, pois os xogadores tomaron o partido mais como un entrenamiento que outra cousa, e das poucas cousas positivas que se pode decir é que os sofanistas pouco a pouco van metendo minutos de xogo nesas cansadas pernas en vistas ó primeiro e importante partido de liga no Platas Reinoso.