lunes, agosto 18, 2008

S.D. SOFAN 1 - IMPERATOR 2

Caiu derrotada a SD no campo do Carral ante o historico equipo do Imperator coruñes, que realizou un gran encontro e se mostrou como un dos equipos que a bo seguro ocuparán a zona alta do grupo 1º de 2º Autonomica.
S.D. SOFAN - José Ramon (Adrian m.46), Cristian, Diego, Juanjo, Gustavo (Gende m.46), Mario (Alex m. 71), Pizo, Eloy, Marquitos, Bertin (Santi m. 40) e Cristian P. (Oscar m.46)
IMPERATOR - Juancar, Cristian P., Juan, Cristian, Lagar, Roberto, Pablo, Fran, Jorge, Djalma e Tito. Tamen xogaron Andreas, Corgo e Iago.

GOLES: 0-1 m.21 Falta directa que lanza Pablo, rexeita Jose Ramon e Fran moi atento empuxa á rede 1-1 m.68 Saque largo de Adrian, peina Marquitos, Santi recibe o balon, espera a chegada de Eloy e cedelle en profundidade, e este bate a Juancar con frialdade. 1-2 m.80 Corner sacado polos visitantes, o balon queda morto e Fran, con moita clase, marca o segundo tanto.

Comenzaron con moito impetu os locales, tentando de poñer cerco á porteria do Imperator, pero pronto se fixeron estes co dominio do mediocampo. O trio Roberto-Pablo-Fran tocaba a placer e a SD estaba a merced do equipo rival. De todas maneiras as ocasions de gol non chegaban, ata que de unha xogada a balon parado sacou petroleo o Imperator e se adiantou no marcador por medio do seu capitan Fran. Ainda co gol en contra non se foi arriba a SD, que solo creou perigo nun par de corners, especialmente nun remate de Gustavo que se foi alto. Pola contra, os visitantes tiveron unha clara ocasion nunha falta que Jose Ramon tivo que rexeitar por duas veces, e posteriomente nunha gran combinacion por banda dereita que rematou Pablo fora. Para colmo de males Bertin lesionouse no nocello e tivo que ser substituido por Santi, que así debutaba coa camiseta vermella.

Saiu mais agresivo o Sofan na reanudación, adiantando a liña defensiva e chegando con algo mais de intencion en ataque. Un par de xogadas por banda de Oscar e Cristian non encontraron rematador. Santi mostrouse moi participativo e das suas botas sairon as mellores xogadas deste periodo. Marquitos xogou mais adiantado e a sua pelea foi tamen moi positiva. Estivo moi ben Eloy neste periodo, e aparte de marcar o tanto do empate, tivo outro par de oportunidades que non foron gol de milagro. De todas maneiras o Imperator, ostensiblemente mais cansado debido o alto ritmo que puxeran no primeiro tempo, tivo claras ocasións á contra, como un man a man que Adrian lle sacou a Jorge, un dos mellores xogadores visitantes. O gol de Fran fixo xustiza, pois o Imperator foi mellor equipo na tarde de onte que a SD. O sabado que ven o Sofan viaxa a Coruña para enfrontarse ó vencedor do Silva-Eiris que se xogará o viernes no campo sintetico da Grela.