miércoles, julio 09, 2008

ADRIAN XA É DA SD


Sumase un novo xogador á disciplina da SD Sofan, neste caso tratase de Adrian Abelenda, guardamenta de 21 anos que se comprometeu para a vindeira tempada. Adrian era unha peza desexada polo clube fai tempo, pois ademais das suas cualidades deportivas unenlle ó clube moitos factores sentimentais, empezando polo feito de ser él nativo da nosa parroquia e os seus pais seguidores do noso clube.

Adrian formouse nas categorias inferiores do Bergantiños xunto con outro dos nosos porteiros, Jose Ramon. No seu primeiro ano de modestos xogou no Buño compartindo porteria con Añon e firmando unha gran campaña no equipo oleiro. O ano pasado competiu en terceira autonomica defendendo a porteria do filial do Bergantiños.