lunes, julio 14, 2008

DIEGO, A CUARTA INCORPORACION


Chegouse a un acordo tras duras negociacions con Diego Fernandez Santos, lateral zurdo que o ano pasado militaba nas filas do Malpica, onde foi un dos xogadores destacados, anotando 2 goles no ultimo torneo de copa. Diego ten 24 anos e levaba 5 defendendo as cores do clube azulón da vila mariñeira. Anteriormente xogara no Laracha, equipo co que se proclamara campeon da copa da Coruña.

Ven a reforzar a zona esquerda, na que pode xogar tanto de lateral como de interior. É un xogador rapido, moi correoso e de futbol facil e practico. Defensivamente moi dificil de superar, as suas incorporacions ó ataque soen xerar moito perigo. A directiva da SD mostrouse moi contenta da chegada de Diego pois saben que vai aportar moito ó equipo tanto no campo como no vestuario.