domingo, abril 06, 2008

SD SOFAN 2 CORME C.F. 2

Tarde de sufrimento no Carral para cerrar a temporada. En tarde soleada e sobre o perfecto tapete o Corme puxo o futbol e a SD a garra para repartirse os puntos en xogo. Cos resultados que se produciron na xornada parece que a SD evitará o cuarto puesto pola cola que todavía ten risco de descenso.

SD SOFAN - José Ramón, Victor Docampo, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo (Berti m.76), Baneira, Bertin, Cristian, Suso Docampo, Eloy (Adrian m.67).
CORME CF - Suso, Adolfo (Rodrigo m.69), Diego, José (Abel m.73), Rafa Valiña, Felipe, Martin, Lentejo, Iago, Brais, Alejandro.

ARBITRO - Diego Castelo Perez, que amonestou a Pizo pola Sd, e a Rafa Valiña, Lentejo e Brais por parte do Corme.

GOLES - 0-1 m.18 Xogada pola esquerda do ataque cormelán, Iago cedelle o balón a Martin, e este dende a frontal da area bate a J.Ramón de tiro raso e axustado. 0-2 m.51 gran centro de Adolfo dende a dereita e Iago remata en semifallo ó fondo das mallas 1-2 m.57 Cristian recibe dentro da area, recorta ó seu par e coloca o balón na escuadra 2-2 m. 73 Parede entre Cristian e Berti, este da o pase da morte a Adrian que chegando en carreira remata cruzado a gol.

Non por sabido o conto é facil de neutralizar: eso é o que pasa co mediocampo do Corme, un dos mais creativos da categoría e que novamente xogou un gran partido en Sofan, sobre todo no primeiro tempo, onde Brais, Lentejo e Iago levaron o peso do encontro. Os locales nunca encontraron o seu futbol e as ocasións caeron maioritariamente do lado visitante. Antes do primeiro tanto tivo Iago unha clarisima pero elevou o balon sobre a saida de J.Ramón e enviouna fora. Co marcador en contra a SD tentou de reacionar e primeiro Baneira nun remate de cabeza e logo Cristian tras cesión de Eloy tiveron boas opcions, pero non encontraron porta. A piques de chegar ó descanso outro barullo na area visitante non o puido culminar Cristian, e na contra J.Ramon sacoulle un man a man a Martin Torrado.

No segundo acto o tempraneiro gol de Iago pareciu sentenciar o partido, pero sacou o Sofan a garra e un par de perigosas internadas de Bertin precederon o golazo de Cristian. Co 1-2 e os cambios efectuados por Chema, o equipo ganou en dinamismo e nos ultimos 20 minutos superou ó Corme, principalmente porque o calor fixo mella nos visitantes.Adrian, que saiu moi metido no partido,
empatou. Acto seguido Suso rematou a bocajarro pero o seu tocayo sacou o gol que xa se cantaba. Unha volea de Berti alta precediu á clarisima ocasión de Adrian no minuto 89, cando encarou a Suso e non foi capaz de definir, estando Cristian e posicion inmellorable para marcar.