miércoles, abril 16, 2008

RESUMEN DA TEMPORADA: minutos xogados

Como é tradicional co final de liga, vamos a acometer o resumo dos datos estadisticos da tempada que ven de finalizar, comenzando cos minutos que xogou cada integrante do plantel.

JUANJO - 2700
VICTOR - 2399
BERTIN - 2308
PIZO - 2300
SUSO - 2298
BANEIRA - 2189
ADRIAN - 2111
GUSTAVO - 1709
JOSE RAMON - 1620
BERTI - 1504
GENDE - 1471
ELOY - 1419
CRISTIAN - 1257
COSTA - 1053
VARELA - 987
MARCIAL - 762
OSCAR - 650
PANCHO - 378
POMBO - 264
JOSE - 182

É de reseñar o dato de que JUANJO disputou todos os minutos posibles, constituindo este un prodixio de regularidade que mostra as cualidades do infatigable xogador da SD. Juan José Rey Arijon, ós seus 31 anos, disputou esta a sua novena tempada defendendo os colores do Sofan, ó que chegou procedente do Golmar. Estamos a falar, por tanto, de un dos santo e seña do Carral, campo no que todos os domingos deixa a pel polos colores do seu clube. É un xogador que destaca pola sua polivalencia, pois pódese decir literalmente que xogou de todo, ata de porteiro, posto no que non o fai nada mal. Valga como anecdota que Juanjo comenzou a xogar ó futbol neste posto no cadete do Bergantiños, e chegou a ser preseleccionado para o equipo da seleccion coruñesa. De ser promesa na porteria, pasou a patear o Carral en todas as suas dimensions. Dende a chegada de Chema Eiris adaptouse ó posto de central, no que destaca pola sua rapidez no corte que o fai practicamente insuperable no un contra un. Este ano formou parella con Gende, Baneira, Gustavo ou Varela, pero a sua presencia sempre foi incuestionable. Parece imposible que se lesione, pois é unha autentica forza da naturaleza, e un dos xogadores mais estimados polo publico sofanista, que se ven reflexados na sua entrega e tesón.