viernes, abril 25, 2008

RESUMEN DA TEMPORADA: GOLEADORES

Seguindo co resumen do que foi o ano 2007/2008, publicamos a lista de goleadores.

Suso Docampo - 12
Adrian - 12
Bertin - 6
Cristian - 6
Berti - 6
Eloy - 5
Pizo - 3
Victor Docampo - 2
David Baneira - 2
José - 1



SUSO DOCAMPO Blanco - 28 anos - 9º ano na SD Sofan - Equipos anteriores: Bergantiños

O maximo goleador da historia do clube foi pichichi do equipo un ano mais. Logo de recuperarse da gravisima lesión de xeonllo que o apartou dos campos a temporada pasada Suso volveu ó seu nivel habitual, sendo o referente ofensivo dos de Chema Eiris. O que fora pichichi de terceira rexional fai dous anos demostrou que é un goleador implacable, e ainda que non alcanzou as cifras de outras temporadas, quizais fora debido esto a que a SD dispoñia de moitos xogadores capaces de anotar tantos e repartironse mais os goles.

Adrian Garcia Varela - 21 anos - 1º ano no clube - Equipos anteriores: Bergantiños

Foi Adrian quizás a gran revelación da temporada no Carral. Xogando de interior dereito logrou anotar unha cifra de goles excelente. A súa verticalidade e velocidade fixoo moi dificil de marcar para as defensas rivais, e a progresión que tivo este ano fai concebir esperanzas de que a SD terá un gran xogador para moitos anos.