lunes, abril 09, 2007

SD SOFAN 4 UC CEE 4

Futbol total no Carral, onde na tarde de onte se viu un bo espectaculo, con xogo de ataque, goles, emocion e multiples ocasions propiciadas pola relaxacion defensiva de ambos equipos, que non se xogaban nada no encontro.

ALINEACIONS -

SD SOFAN - Dani, Mutio, Pancho, Gende, Gustavo, Juanjo, Carro, Varela, You (Suso Docampo m. 76), Eloy e Marcos Cancela (Victor Docampo m. 64)

UC CEE - Barca, Ruben Fiuza, Miguel Fiuza, Julito, Dani Freire (Jorge m.45), Pablo, Carlos Leis, Nando (Mateo m.80), Mario, Leo e Victor

ARBITRO - Rodriguez Tajes, que amonestou por parte da SD a Varela, Pancho e You e por parte do Cee a Pablo, Julito e Barca

GOLES - 0-1 M. 9 Mario 1-1 m. 16 pase en profundidade de Varela, Carro encara a Barca e bateo por alto. 1-2 m. 26 Leo 1-3 m. 35 Leo 2-3 m. 56 Eloy tras bonita xogada 3-3 m 76 Carro a porta vacia tras gran xogada de Juanjo 4-3 m. 80 Suso Docampo empuxa unha gran xogada por banda dereita 4-4 m. 92 Mario internase por banda e bate a Dani na sua saida

Disfrutou onte o publico que se congregou no campo do Carral do futbol de dous equipos que xogaron sen complejos ó ataque. Dominou o Cee territorialmente no primeiro tempo buscando de maneira descarada os goles de Leo que na sua carreira polo pichichi veu a Sofan a marcar os maximos goles posibles. Marcou 2 pero no primeiro tempo puido lograr algun mais. O home mais perigoso dos visitantes foi Mario, que dou mostras continuas da sua calidade. A SD pola contra, creou perigo en rapidas internadas pola banda, especialmente de Carro, que fixo un partido soberbio volvendo loco a un dos considerados mellores defensas da liga, Fiuza, que onte quedou en evidencia ante o veterano extremo. O primeiro acto rematou coa sensacion de que o Cee podia golear, a pesar de que o Sofan non xogou nada mal.

O segundo tempo foi outro cantar, a SD comiuse literalmente ó subcampeon de liga, remontou o partido e se o futbol fora un pouco xusto co Cee marcharia do Carral cun carro de goles ó lombo, pois os locais fallaron innumerables ocasions e incluso You marrou un penal feito a Victor Docampo co marcador empatado. Incomprensiblemente o Cee xogou coa defensa adiantada e iso aproveitouno o Sofan para entrar unha e outra vez por bandas, con Carro, Juanjo de Victor inconmensurables e un Eloy que fixo un partidazo, quizais motivado pola presencia nas filas visitantes do seu ex compañeiro Miguel Fiuza. Os goles foron caendo pero Carro, Cancela e Eloy marraron clarisimas ocasions diante de Barca que poideron dar un marcador de escandalo. O peor foi que cando se culminou a remontada os locais non souperon manter a ventaxa e Mario igualou o partido nos minutos de desconto.

De todas maneiras a noticia mais alegre da xornada foi a volta ó Carral dos irmans Docampo, santo e seña do Sofan. Suso voltou da sua grave lesion de rodilla marcando un gol na sua linea habitual, e Victor demostrou que a pesar de que lle gusta mais andar detras dos jabalies, non se lle olvidou xogar ó futbol.

Rematou a tempada, e a SD logrou o obxectivo da permanencia, ainda que se puido quedar un par de postos mais arriba, pero a irregularidade no propio feudo deixou ó equipo na metade da taboa. Agora a esperar pola copa.