lunes, septiembre 18, 2006

S.D. SOFAN 1 - BUÑO C.F. 3

Vaia pao o de onte domingo no Carral. O Buño, que chegaba de lider, foi moi superior ó equipo local e levouse unha merecida victoria. Moito publico que saiu decepcionado coa actitude do equipo local.
ALINEACIONS:
S.D. Sofan: Costa, José(Alfredo m.73), Gende, Juanjo, Gustavo(Pancho m.57); Victor Docampo, Varela, Pombo, Carro(Mutio m.73; Eloy(Pabeto m.57) e Cristian
Buño: Adrian, Diego, David, Oscar, Carlos, Juan Caamaño, Ruben Pazos, Neucha, Mario, Emilio, Victor.
O Buño veu coas ideas moi claras ó Carral, tapou dende o primeiro minuto a saida de balón do equipo local, que se veu obrigado a xogar moitos balóns en largo, moi ben defendidos pola defensa oleira. A dianteira do Sofan caiu en repetidos foras de xogo e non encontrou o camiño da portería de Adrian en ningun momento. Pola contra os puntas do Buño foron moi incisivos en todo momento, especialmente Neucha na banda esquerda. Foi este xogador o que abriu o marcador os 25 minutos con un impecable remate de cabeza ante o que Costa so pudo mirar.
No segundo tempo mais do mesmo. Parecia ó principio que o Sofan ia encerrar o Buño na sua area, pero o gol de Diego á saida dun corner decidiu o partido. Por parte local solo Victor Docampo creou algo de perigo pola sua banda. Co 2 a 0 o partido rompeuse e o Buño encontrou espacios na defensa local, que aproveitou Victor para sentenciar o choque. A impotencia local foi total ata o final do partido. O gol en propia meta do Buño é unha mera anecdota.