lunes, septiembre 25, 2006

PONTECESO 0 - S.D. SOFAN 3 (con gol de Juanjo¡¡¡¡¡¡)


Xa era hora de que marcara Juanjo, ainda que fora coa nariz. Por fin consegue a primeira victoria a SD, nun partido xogado con grande intelixencia polos visitantes, que se defenderon como gato panza arriba, e explotaron as debilidades defensivas do Ponteceso.
Terreo de xogo en moi bo estado (so faltaría nun campo de herba sintetica, ainda que despois de ver como están as Eiroas xa mo creo todo), e moito afeccionado do Sofan que disfrutou co seu equipo.
ALINEACIONS.
Ponteceso: Pombo, Isaac, Salva, Felipe, Mato; Hector, Santi, Tucho, DieGo; Miguel Torrado e Pichuco
S.D Sofán; Costa, Mutio (Pancho m.80), Gende, Varela, Gustavo; Juanjo (Victor m.80), Pablo Vazquez, Pizo, Carro; Eloy (Pombo m. 80) e Cristian.
A rabia acumulada durante a semana tras a derrota contra o Buño saiu a relucir onte en Ponteceso. A SD planteou o partido de maneira perfecta e todo saiu rodado. Gran actuacion de todos os homes sen excepcion, con un alto nivel de concentracion e xogando en cada momento do partido con gran sentido tactico.
No inicio do choque o Sofan leva o peso no medio do campo, pero o arbitro masacranos a foras de xogo algo dubidosos. Foi unha constante durante todo o choque, o que impediu que o resultado fora mais amplo. Cristian está moi bullicioso, coñecedor da lentitude da zaga local. Cando Carro pasa á banda dereita, encontra alí un pasillo criminal e volve loco a Salva. Asi chega o primeiro gol á media hora, tras unha xogada individual do vello que culmina fusilando a Pombo. Unha vez aberta a lata o mais dificil estaba feito. O unico que crea algun problema os visitantes e Miguel Torrado, que a pesar da ausencia de pelo, é un xogador coma a copa dun pino. Un tiro seu de falta e outro do lateral isaac que pasa cerca da escadra son as duas aproximacions mais perigosas dos locais.
No segundo tempo coa saida de Pablo no eixo do ataque dos da Ponte, miguel pasa á banda esquerda e alí Mutio encargase de anulalo. Ainda así nos primeiros compases os locais apretan e mato ten unha gran ocasion á saida dun corner, pero o gol de Juanjo a centro de carro mata o partido. A defensa do sofan mostrase inexpugnable, contando coa gran axuda de Pablo e Pizo, que fan un gran partido en tarefas destructoras. O terceiro gol de Cristian con nova asistencia de Carro culmina unha xusta goleada.
Esperemos que este partido de confianza os chavales e o equipo poida empezar a escalar postos na tabla.