domingo, septiembre 10, 2006

LIRA C.F 2 - S.D. SOFAN 1

Partido correspondente a segunda xornada de liga en 2ª Autonómica. Día de calor en Portocubelo. Repítese a eliminatoria de copa do ano pasado e unha vez mais o Lira convirtese na besta negra dos de Sofán.
ALINEACIONS: S.D. Sofan- Costa, Victor Docampo, Gende, Varela, Gustavo; Juanjo, Pablo Vazquez, Pizo(Mutio m. 87), Carro (Pombo m. 59); Eloy e Cristian.
Lira - Miguel Anxo, Juan, Jose Antonio, Javi, Suso, Fernandez, Miguel Angel, Pulpo, Ancho, Cristian, Juanjo.

O Sofan toma moitas precaucions coa estrela local Ancho, e lograo controlar bastante ben. Pero é o segundo dianteiro Juanjo o que marca un extraordinario gol dende fora da area o cuarto de hora do primeiro tempo. A SD toma a iniciativa e Pizo executa unha falta de maneira impecable que da no longueiro e bota na linea de gol. Pouco despois anulaselle un gol a Carro por suposta falta o porteiro. Pizo e Pablo levan o mando e o Lira dedicase a contragolpear con Ancho como arma principal.
No segundo tempo mais do mesmo. O Sofan aumenta un pouco o ritmo de xogo e empata nun penal a Victor que transforma Cristian. Parece que o partido pode caer do lado dos visitantes, que seguen exercendo o dominio territorial. Mutio falla unha clarisima ocasion e nesto chega a xogada decisiva do partido. Unha falta de Ancho a Victor a un metro da area do Sofan convirtea o colexiado en penal a favor do Lira ante o asombro dos locais e o cabreo dos visitantes. Ancho non perdoa e dalle a victoria ó lira.