viernes, julio 26, 2013

Pablo Martinez e Raul xogarán no campo do Carral a próxima tempada

Firmaron na tarde de onte o compromiso que os une á Sd Sofán os coruñeses Pablo Martinez e Raul Diaz. Os xogadores, que o ano pasado competiron en 1ª autonómica co Club do Mar de Caion, mostraron a súa satisfacción por poder disputar a prestixiosa liga da Costa.

Xogadores ambos de prestixio indudable, e moi coñecidos no ambito do fútbol coruñés, o feito de que todavía non coñecia o fútbol costeiro foi un factor determinante para a contratación de ambos. Levan traxectorias paralelas dende fai moitos anos, pois foron compañeiros no Vizoño, Silva e Club do Mar, e ahora volverán a compartir vestiaro na Sd.

Raul Diaz ten 34 anos, e actua como dianteiro centro. É un atacante dos da antigua usanza, mortal na area, e con recursos suficientes para facer gol en calquera situación. Ven a sustituir o goleador da tempada pasada, Abel, traspasado ó Malpica. Raul formouse na canteira do Deportivo, nunha xeración de xogadores dos que o representante mais coñecido pola zona é Xaco, ex-xogador do Cerceda. Posteriormente xogou no Imperator, Olimpico de Rutis, Vizoño, Silva e Club do Mar, sendo goleador do equipo en todos os que estivo. Ten contrastada experiencia tanto en Preferente como en 1ª autonómica, e o ano pasado, a pesar de non contar en exceso coa confianza de Repi, foi o pichichi do equipo.

Pablo Martinez, de 32 anos, é un todoterreo clásico. Xogador adaptable a calquera posición do campo, normalmente actua no centro do terreo de xogo, ainda que o ano pasado en Caion xogou moitos partidos de central cun rendemento mais que satisfactorio. O xogador destaca por un despliegue físico importante, un alto nivel de agresividade e dominio do xogo aereo. É o clasico box to box, término ingles que designa o xogador que é decisivo tanto na parcela defensiva como na ofensiva. Pablo ten traxectoria parexa con Raul, xogando no Vizoño tanto en Preferente como en Primeira, indo ó Silva que ascendeu fai 2 anos a Preferente, e sendo referencia no Club do Mar o ano pasado.

Sorte a ambos xogadores na nova e ilusionante etapa que empezan na Sd.