miércoles, julio 10, 2013

A Sd convoca a asamblea xeral ordinaria.

A Sociedade Deportiva Sofán, en reunión da Xunta Directiva de 25 de xuño de 2013, acordou convocar a súa Asamblea Xeral Ordinaria de socios, para o próximo venres 12 de xullo de 2013, as 21:00 horas en primeira convocatoria, e as 21:30 horas en segunda, no Local Social de Sofán.

 
Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da anterior Asamblea Xeral 2011/2012.

2. Balance económico da tempada 2012 - 2013.
3. Proxecto económico e deportivo da tempada 2013 - 2014.

4. Rogos e preguntas.