Estivo mandona a Sd nos primeiros intres, entrando principalmente pola banda de Victor, pero o Porteño logo lle pillou o pulso ó encontro e tras un par de perigosas aproximacions, sobre todo unha de Cousillas que tivo que salvar Carlos, chegou o gol de Ismael nunha falta moi lonxana. Tivo o cadro local uns minutos de desconcerto, pero o impetu dos xovenes xogadores de Vicente logrou voltear o marcador. Foi Eloy, en gran forma neste final de tempada, o que en dous corners casi identicos deixou o marcador en franquia antes do descanso para a Sd, e a eliminatoria a un so gol de distancia.
A saida da Sd tras o descanso foi moi boa. Un precioso pase de Jacobo habilitou a Victor que mandou fora cando o mais facil era marcar. Pero o menor dos irmans Docampo non fallou na seguinte que tivo e puxo o resultado que necesitaba a sd para pasar. O porteño a partir de ahi volcouse ante a meta de Carlos, sobre todo tirando de saques de banda e faltas colgadas á area, pero o meta e a liña defensiva estivo moi segura. A mais clara ocasión tivoa Ismael pero Juanjo cortou o remate cando xa se cantaba o gol. O claro penalti feito a Victor foi a sentencia para un Porteño peleon que levou mais castigo do merecido.
A Sd esperá ó Dumbria, o proximo sabado o primeiro partido da eliminatoria, a mesma de fai dous anos, no Conco. Aquela vez o Dumbria eliminou á Sd por un global de 6-2. Esperemos que cambie a historia.