Tivo o balón a sd no primeiro tempo, cun Porteño moi replegado e buscando a contra. Os de Vicente combinaron bastante ben, sacando o balón dende atras e intentando entrar por bandas. A banda dereita funcionaba ben, e sendos centros de Victor e Adrian foron claras ocasións, pero primeiro Edu e logo Diego mandaron o balon fora. O Porteño buscaba crear perigo nas estratexias, sobre todo en saques de banda que daban moitos quebradeiros de cabeza á defensa sofanista. Levantouse o vento a pouco do descanso xusto cando Jacobo culminou unha gran xogada con disparo a rentes do pao, e pouco despois reclamouse penalti por claras mans de Pejo na area que o colexiado nin viu. a mellor ocasion local foi un lanzamento de falta que entre o pao e Carlos mandaron a corner.
O segundo tempo foi mais do cadro local. O gol de Pirucho nunha fermosa xogada doulles alas e combinaron mellor neste acto, con Jorge e Ismael levando o peso no centro do campo, e cunha liña defensiva moi segura que apenas pasou apuros ante os ataques visitantes. So con disparos lonxanos de Suso e Eloy se inquietou a un seguro Jimmy. Cando o partido esmorecía volveu a polémica con outro posible penalti en area local, que o colexiado, moi mal toda a tarde, se volveu a pasar por alto.
O sabado as 5 da tarde sentenciarase esta eliminatoria no Carral, de momento con ventaxa para os da Ponte do Porto.