lunes, marzo 12, 2012

ESTEIRANA 1 - S.D. SOFAN 1

Empate a última hora o colleitado pola Sd en Esteiro. Un gol do central Gustavo cando o encontro esmorecía doulle un punto ós de Vicente. Gran entrada no Xosé Luis Vara, mais de 150 persoas, en día totalmente veraniego.
ESTEIRANA - Veni -Benito 33´-, Maceiras -Cajulo 46´-, Simon -Dani 62´-, Rama, Adelino, José Varela, Alex -Adrian 70´-, Uru, Pladur, Andel -Isma 46´- e Iago.
S.D. SOFAN - Luis, Adrian, Gustavo, Eloy Boedo, Juanjo, Pensado -Miniño 35´-, Victor Docampo, Ivan Rey, Edu -Berti 64´-, Gurita -David Pensado 80´- e Suso Docampo.
ARBITRO - Vazquez Suarez, que amonestou a Simon e Iago. Expulsou a Jose Varela no minuto 87 por doble amonestacion.
GOLES.
1-0 48´Roubo de balón no centro do campo sofanista, Pladur mete en profundidade a Cajulo que se interna e bate a Luis na sua saida.
1-1 89´Barullo na area que resolve Gustavo de acrobatico remate.
Controlou ben a Sd no primeiro tempo o encontro, tendo a posesion do balón gran parte deste periodo. A linea de tres defensas contiña as contras lanzadas por Roberto Pladur. Tivo Simon a primeira ocasión local nun lanzamento de falta escorado que saiu fora por pouco. Respondeu Suso Docampo cun disparo que detivo o gardameta local. A Sd estaba entrando ben por bandas pero non conseguia traducir o dominio en ocasións. Nunha indecisión do meta Luis e Juanjo tivo Pladur a mais clara dos locais, pero o seu remate saiu fora. Antes do descanso unha falta que lanzou Eloy fora e un remate de cabeza de Gurita foron as xogadas mais destacadas.
Os cambios do adestrador local revolucionaron o partido nada mais iniciarse o segundo tempo. O gol da Esteirana descentrou os homes da Sd, que tiveron 10 minutos de despiste no que puideron encaixar mais goles. Pladur en duas ocasións, unha delas tras regatear ó meta visitante, e un disparo de Cajulo ó pao, foron as clarisimas opcions dos locais, que estaban a xogar moi ben apoiados por un entregado publico. Pero acabouselles o fuelle, e a Sd comenzou a durmir o encontro. A saida de David Pensado a falta de 10 minutos foi clave, pois o escurridizo xogador creou un par de situacions de perigo, unha moi clara de Ivan, antes do gol do empate cando o partido xa estaba rematando.