lunes, marzo 26, 2012

SP. ZAS 1 - S.D. SOFAN 1

* Cronica de www.quepasanacosta.com


ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Lagoa, Mancebo, Quintáns, Rubio (Jaime, min.50) (Amado, min.65), Jorge, Ismael (Pablo), Peque, Pastor (Rafa, min.75).
SOFÁN: Richard, Víctor, Meniño (Adrián, min.60), Juanjo, Gustavo, Eloy, Alemán (Gurita, min.65), Iván Rey, Edu (Abel, min.55) , Suso, Berti (Jacobo, min.55).
Goles: 1-0, min.23: Peque tras un malentendido entre defensa e porteiro; 1-1, min.60: Eloy dende fóra da área.
Expulsión: un xogador zaense.

Partido importante para o Zas que sumou un punto, que visto o acontecido na xornada, vale ouro. Os de Corredoira, plagados de xuvenís que están facendo unha temporada espectacular tanto na súa categoría como na Liga da Costa, prantaron cara sobre todo na primeira metade. Pero foi un primeiro tempo bastante igualado, sen demasiadas ocasións e no que adiantaría o cadro local por medio de Peque cunha xogada de pillo adiantándose ante unha indecisión entre porteiro e defensa visitantes.

A SD intentaba lograr o empate pero Suso cunha internada, Berti cun balón ao longueiro e un man a man ao corpo de Eías, ou Eloy cunha falta á crucerta, non acertaron.

Na segunda baixou o Zas fisicamente e o Sofán empatou e tivo ocasións para levar o partido, por medio de Gurita e Jacobo. Pero tamén o xuvenil Quintáns, a falta de 5 minutos puido decantar a balanza para os zaenses pero Richard (Luís De la Peña fichou polo Estudiantil) provocou que mandase fóra.