
CASTRIZ CF - Herrera, Sergio Pose, Michi - Ruben 35´-Prego 78´--, Toniño, Alex, Alberto, Toño, David Agra, Mauri - Jhonny 50´-, Martin e Sebas.
S.D. SOFAN - Richard, Adrian, Juanjo - David Pensado 70´-, Miniño, Diego - Edu 80´-, Ivan Rey, Pensado, Abel, Suso Docampo, Jacobo -Eloy 75´-, Berti -Alemán 61´-
ARBITRO: España Andrade, que amonestou a Mauri e Johnny por parte local, e a Adrian Garcia por duas veces no min. 81, polo que foi expulsado.
GOLES:
1-0 27´Disparo de Alberto dende fora da area que rexeita Richard e Mauri aproveita para marcar a boca de xerro.
1-1 36´Gran xogada de Ivan e Jacobo por banda dereita que remata con un centro que Abel empala na boca de gol.
2-1 67´Corner que remata Sebas so na area pequena.
2-2 89´Falta botada por Eloy con todo o equipo sofanista volcado e Aleman marca no segundo pao.
Pouco propuxo o Castriz de inicio a pesar de xogar como local. O seu fútbol directo foi contrarrestado pola Sd con un control total do balón. As ocasións de inicio foron escasas, unicame
nte disparos lonxanos de Sebas por parte local e de Abel pola visitante. A mais clara da Sd foi un disparo de jacobo que repeliu o longueiro. Nun despiste da zaga chegou o gol de Mauri, pero os de Sofán non lle perderon a cara ó partido e seguiron tentando o seu fútbol combinativo. O froito chegou pronto co gol de Abel, e pouco despois, nunha das mellores xogadas da tarde, un gran pase de Pensado deixou a Ivan so diante de Herrera pero o remate do rapaz saiu a rentes do pao. Reclamouse penalti por claro derrubo de Suso Docampo cando se dispoñía a rematar na area pequena.

No segundo tempo mais do mesmo. Os locais endureceron un pouco o partido, coa permisividade do colexiado. O gol de Sebas animou un pouco o partido, a Sd lanzouse a un ataque continuo, que non parou a pesar da expulsión de Adrian. Ainda con 10 o Sofán tivo o balón, e o Castriz limitouse a deixar pasar o tempo. Unha gran xogada de David Pensado non atopou rematador na area pequena. Noutra xogada polémica foille sinalado un fora de xogo incrible a Suso cando se dispoñía a encarar a Herrera. A contra o Castriz puido matar o partido, pero foi Alemán no tempo de desconto quen puxo un pouco de xustiza no marcador.