
O momento alxido da noite produciuse coa presentación dos equipos alevin e benxamín da Sd, que debutarán este ano na liga da costa. Uns 30 rapaces foron subindo ó palco como si de estrelas do fútbol se trataran, cos pais en
primeira fila sacando multitude de fotos dos seus retoños. Tras os clásicos sorteos de regalos, pasouse á parte musical da velada: os Trastes fixeron bailar á xente ali congregada a ritmo dos últimos éxitos de verbeneo, e posteriormente os Killer Cats puxeron a parte mais rockeira para que os xovenes moveran a cintura.

Ata mais alá das 3 da mañan se alongou a celebración, un éxito de organización e de público un ano mais.