martes, octubre 11, 2011

CLUB DO MAR 2 - S.D. SOFAN 0

O debut do meta coruñés Luis de la Peña non foi suficiente para que a Sd se levara algo positivo de Paiosaco, pese a merecelo largamente. Os de Vicente foron mellores que os locais, levaron o peso do encontro en todo momento, non deixaron xogar cómodo ó lider pero marraron as ocasións que tiveron. Pola contra, os de Caion demostraron a pegada que teñen en punta, aproveitaron as súas e levaronse o gato á auga.


CLUB DO MAR: Iago Dans, Corral (Chori, min.80), Álex, Chechu, Rubén, Bertín, Juan Lareo, Repi, Santi Silva (Piñeiro, min.70), Jacobo (Tonecho, min.60) e Vituco.

S.D. SOFÁN: Luis de la Peña, Adrián, Víctor, Miniño, Alemán (Jacobo, min.80), Picas (Juanjo, min.70), Suso Docampo, Mario, Iván Rey e Abel (Edu, min.67).

Goles: 1-0, min.14: Bertín bombea de cabeza ante a saida de Luis, tras un gran pase Repi
2-0, min.86: Repi aproveita un rexeite que deixa o balón morto na area pequena para bater a Luis de forte disparo.

Saiu a Sd ó campo con ganas de demostrar que a sua traxectoria actual é so producto dunha mala xeira. Tivo a posesión da pelota inicialmente, pero o gol de Bertín desmoralizou un pouco ó equipo sofanista. Ainda así, co marcador en contra, dedicaronse a mover a pelota con paciencia, buscar ben as bandas, e as ocasión empezaron a chegar. Un disparo de Abel dende lonxe, un par de centros perigosos de David Pensado e unha boa xogada de Ivan Rey, precederon a unha das xogadas clave do partido. Un disparo de Suso foi repelido en gran intervención por Iago, e o rexeite caeulle a Abel a escasos metros da porta, pero o meta local, en felina intervencion, atallou o casi cantado gol. A Sd mereceu chegar con empate o descanso, con un Aleman no seu mellor partido da tempada, con Mario en todos lados, e un Ivan Rey que demostrou a sua calidade. Por parte local Santi Silva foi o home mais incisivo, e Bertin o decisivo coas suas accions e o seu gol.

No segundo tempo, mais do mesmo. Os locais tiraron de veterania e tentaron baixar o ritmo ó partido, ralentizando o xogo. Tivo Abel unha nova ocasión pero o seu remate saiu fora por pouco. Miniño tentouno dende o borde da area e o seu disparo saiu alto. O Club do mar aplicouse en cortar o xogo de mediocampo sofanista con continuas faltas, e buscou as contras de Vituco, que tivo a mellor ocasión local, pero enviou alto o remate cando se atopaba so na area. O gol de Repi sentenciou o choque.