lunes, enero 03, 2011

S.D. SOFAN 1 - BUÑO C.F. 2

Un Sofán moi apatico cediu tres novos puntos na súa casa ante un equipo oleiro que xogou con moita intensidade e aproveitou as súas ocasión ó máximo. 200 persoas no Carral viron como o equipo de Baña atravesa un momento de baixa forma que o está a alonxar dos postos nobles da liga.

S.D. SOFÁN: Costa, Roberto Souto, Juanjo, Miniño, Gustavo (Pizo, min.46), Mario Casal, Alemán (Jacobo, min.75), Juan Rabuñal, Diego, Bertin e Adrián.

BUÑO: Añón, Pancho, Diego, Lolo, José, Fernando, Jorge, Mendieta (Martuxa, min.65), Dourado (Pardiñas, min.85), Bertin (Rubén, min.67) e Víctor (Emilio, min.80).

Goles:
0-1, min.44: A xogada tonta do ano. Juan Rabuñal vai sacar unha falta, o balón rebota en Victor, que non está á distancia regulamentaria, o xogador visitante inicia unha contra, chega diante de Costa e cando vai ceder para que Berti anote a porta valeira Juanjo introduce o balón en propia porta
0-2, min.65: Roubo de balón de Rubén, que cede a Víctor para que o incisivo atacante bata por baixo a Costa
1-2, min.80: Pase de Pizo a Jacobo, que ve o desmarque de Bertin, mételle o balón en profundidade con calidade e Bertin anota o seu gol 14 tras regatear a Añon.

Árbitro: Pardiñas García (A Coruña) Amoestou aos locais Miniño e Rabuñal; e aos visitantes Mendieta e Dourado. Expulsou ao local Mario (min.75)

O primeiro tempo foi un exemplo de como non encarar un encontro por parte local. O ritmo era lento, o Buño esperaba agazapado e lanzaba balóns os seus estiletes Victor e o ex-sofanista Berti. Este tivo a primeira ocasión nunha falta que saiu a milimetros da escadra. Diego, o central oleiro lanzou outro libre directo e Costa respondeu con seguridade. A Sd tentabao pero sen apenas ideas. Perdiase o equipo de Baña nun excesivo xogo de imprecisións e falta de actitude. A pouco do descanso chegou o esperpentico gol do Buño, que foi a tumba local.

Os de Pablo Mallon encerraronse ben no segundo tempo, sen complicarse na liña defensiva. A saida de Pizo fixo que a SD combinara ben e chegara polas bandas. O propio Pizo mandou un par de grandes centros, nun dos cales Mario tivo a ocasión mais clara do partido pero enviou o remate alto. Adrian e Roberto entraban ben na dereita, e un centro seu rematouno Pizo pero Añon salvou milagrosamente baixo paos. Á contra sentenciou o Buño, non sen antes quedarse con 10 a SD por expulsión de Mario. Os ultimos intres foron de acoso sin control da Sd, tras o gol de Bertin, e foi anulado un gol a Jacobo por xogo perigoso de Miniño.