n lle permitian dedicarlle o tempo que a Preferente exige. Tras un rápido acordo entre os dous clubes chegouse á conclusión de que competindo co clube do Carral non se frearía a estupenda progresión do xogador. Ata final de tempada Alex vestirá as cores dos de David Baña.O xogador, natural de Oseiro, xogou toda a vida no At. Arteixo. Tras destacar en categorias inferiores chega ó primeiro equipo onde da mostras da sua axilidade baixo paos e dotes de mando a pesar da súa xuventude. Alí comparte vestiario cos sofanistas Miniño e Juan Rabuñal. O seu salto ó Laracha é consecuencia das súas boas actuacións. De aquí a final de tempada seguirá adestrando co equipo de Lemos un par de veces á semana. A SD Sofán agradece dende esta páxina as facilidades que dou o clube presidido por Canito para que a operación se levara a cabo.
Desexámoslle sorte ó noso novo compañeiro, que seguro será recibido no vestiario como se merece.