domingo, agosto 09, 2009

S.D. SOFAN 2 - PONTECESO S.D. 0

Quedou o Trofeo das Festas nas vitrinas do equipo local, que venceu onte a un gran rival, o Ponteceso de Chema Eiris, dando unha alegria o numeroso público que acudiu a ver o equipo de David Baña. En tarde soleada ambos equipos depararon un bonito partido para a altura de pretempada á que nos encontramos, con ocasións para ambos bandos e a nota negativa da lesión de Mario Casal, que sufriu unha fisura no tabique nasal que o terá apartado dos terreos de xogo un par de semanas. O visitante Ruben Rama tamén se retirou con unha probable lesión muscular. Alinearon ambos equipos a:


S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Roberto Souto, Gustavo, Mario Casal, Alemán, Jacobo, Eloy, Abel e Bertin. Tamen xogaron Gende, Oscar Pardo, Berti, Manolo Varela e Christian.

PONTECESO S.D. - Barca, David, Bolon, Mato, Rios, Josito, Tucho, Toniño, Luis Miguel, Ruben Rama e Pablo. Tamen xogaron Mario, Charro, Pablo Vazquez.

GOLES:
1-0 m.75 pase en profundidade de Gende a Jacobo, Barca erra sa sua saida e o Arteixán marca a porta vacia
2-0 m.81 Berti de tiro cruzado
Saiu dominador o Ponteceso, que se aproveitou das imprecisions visitantes para ter o control do partido no primeiro tempo. O bo trato ó balón que lle dan homes como Josito ou Tucho facia que a posesión fora para o equipo visitante, ainda que a defensa local aguantou ben as embestidas dos de Chema. A ocasión mais clara tivoa Josito, que estrelou un tremendo trallazo no longueiro da meta de J.R. Respondeu a SD no treito final do primeiro tempo, e Bertin disparou con violencia rexeitando o tiro o pao dereito da meta de Barca. Abel rematou de cabeza e fixo lucir ó cancerbeiro visitante, e o propio Abel marrou a ocasión mais clara deste acto o botar alto un balón a porta valeira. O partido tiña un bo ritmo e era xogado de poder a poder.


No segundo tempo o Ponteceso baixou un pouco o ritmo da presión, do que se aproveitou a SD para comenzar a xenerar perigo por ambas bandas. Novamente Abel, tras gran xogada individual, botou fora o balón cando o mais facil era marcar. Eloy disparou un par de veces a rentes do pao de Barca. Os goles da SD chegaron case seguidos e o partido quedou visto para sentencia. Tivo outra boa opcion Bolon, cun tremendo tiro que volveu a dar no pao sofanista. No treito final Abel foi expulsado polo colexiado Jorge Esparís.


Moi positivo o amistoso de onte, onde se vai demostrando que as novas fichaxes están a ter un acoplamento moi rápido ó que pretende o mister local. Debutaron onte no Carral Alemán, Jacobo e Roberto Souto, e gustaron os tres xogadores á afeccion.